Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

HACIENDA FAI CAUSA XERAL FISCAL CONTRA OS PRODUTORES

Está requerindo indiscriminadamente as cesións de dereitos do pago único

Santiago de Compostela 3 de Agosto.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a campaña indiscriminada de requerementos fiscais que está ditando contra as explotacións gandeiras galegas. Esta acción sen precedentes, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións no tiveran carácter honeroso ao non existir transvase de diñeiro.

UUAA lamenta que a Axencia Tributaria a través da Delegación Especial de Galicia, non tivera realizado unha discriminación entre os casos nos que se realizaran transmisións nas que exista un intercambio económico das cesións sen carácter dinerario, en moitos casos de pais a fillos.

Deste xeito a oficina do fisco está obrigando aos produtores a realizar tramitacións, desprazamentos e perdas de tempo, por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xeral contra actividade económica no sector primario.

A organización agraria, acaba de solicitar unha reunión urxente co conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para transmitirlle o malestar dos gandeiros polo trato de “defraudadores preventivos” que se lles aplica desde o Ministerio de Facenda. Do mesmo xeito, insta a Xunta de Galicia a que fagas as xestións pertinentes diante do Goberno para que cese esta campaña de acoso.

De non ser así demostrarase unha vez máis que a pretendida “lexislatura do rural” anunciada polo presidente Feijoo, so era unha declaración de intencións valeira de contidos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web