Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA AMPLIA A INICIATIVA NO PARLAMENTO PARA ACOLLER AOS CONCELLOS AFECTADOS POLO PEDRAZO NA PATACA

Coa aprobación do novo Teito de gasto a Xunta pode asumir as axudas

Santiago 8 de xullo.- O sindicato Unións Agrarias anuncia a ampliación do abano de afectados que recolle a súa Proposición non de lei de iniciativa popular, para as que se están recollendo sinaturas de apoio nas zonas produtores de viño e castaña, de cara a concretar axudas polas xeadas do pasado mes de abril.

Con esta modificación, o escrito, que xa conta co visto bo da Mesa do Parlamento, pretende incluír aos produtores de patacas dos concellos de Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio que perderon toda a colleita –mais de 12.000 toneladas, case un 6% do total da produción galega- co pedrazo das últimas horas.

A organización agraria entende que nesta ¨lexislatura do rural” o presidente da Xunta debe trasladar aos produtores afectados  parte dos 60 millóns de euros de marxe de endebedamento que obterá Galicia co incremento do teito de gasto das Comunidades autónomas aprobado por parte do Ministerio de Economía e Facenda.

Deste xeito resulta prioritario que se habilite unha partida extraordinaria para incrementar ata o 65% que permite a lei, a cobertura pública do custe dos seguros agrarios. Hai que lembrar que nestes momentos Galicia está a cola do Estado xa que ten apenas un 1% das producións baixo cobertura dunha prima de seguro.

Galicia apenas chega, segundo datos de Medio Rural, ao 4,7 millóns de Euros en axudas públicas nos seguros agrarios e gandeiros mentres que Valencia acada os 24 millóns ou Cataluña 10 millóns. No resulta de estrañar que cuns altos e unhas coberturas pouco adaptadas a nosa comunidade os produtores non contraten mais pólizas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web