Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ESIXE CONTINUIDADE DO PEDIATRA NO PAC DE CHANTADA

A chamada lexislatura do rural deixa as claras o abandono das vilas

Chantada, 7 de Xullo de 2017.- O sindicato Unións Agrarias esixe que se manteña en continuidade a praza de pediatría no Centro de Saúde de Chantada, e que se abandone a interinidade na atención médica na que pais e nais se ven atrapados cos seus fillos menores de 16 anos.

Este problema, que xa non é novo na vila, pon as claras a falta de compromiso da Consellería de Sanidade cara a Galicia interior, a pesar de que o presidente da Xunta afirmou no Parlamento que esta ia a ser a lexislatura do rural.

Desde a organización agraria non se entende por qué os nenos e nenas do rural non merecen un médico especialista e deben ser atendido por un facultativo de familia.

Unha situación intolerable que se ven a sumar a outras dificultades e carencias de servizos públicos que afondan na fenda que converte en cidadáns de segunda aos veciños do rural. A falta de transportes públicos adecuados, carencias na oferta cultural e de ocio e de coidados de proximidade para os maiores, por no falar do continuo goteo te peches de escolas rurais.

UUAA abrirá na súa oficina de Chantada unha recollida de queixas dos veciños polas carencias de atención médica especializada para nenos para trasladalas en conxunto a Delegación da Xunta de Galicia en Lugo.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web