Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE QUE SE ABRAN XA AS ADEGAS PARA METER UVA

Pide a celebración de plenos extraordinarios en Ribeiro e Valdeorras

Ribadavia/ Verín, 29 de agosto de 2017.- O sindicato Unións Agrarias vén de presentar sendos escritos nos consellos reguladores de O Ribeiro y Valdeorras, solicitando unha reunión urxente dos órganos reitores para avaliar a situación da produción logo dos danos producidos polas tormentas de pedrazo desta semana.

Para o sindicato resulta imprescindible que as adegas abran xa a entrada de uva para que evitar o máximo posible a perda de colleita por parte dos produtores naquelas zonas nas que as uvas sufriron máis as inclemencias metereolóxicas.

Do mesmo xeito desde a organización agraria faise un chamamento a Agroseguro a que inste de inmediato aos peritos a saír ao campo para facer os recoñecementos de danos para evitar que os viticultores teñan que deixar sen recoller uva, o que supón perda de produción e de tempo, xa que logo da peritación, hai que voltar a vendimar as viñas que serviron de testemuña dos danos.

Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA. Coordinador da oficina de danos en Valdeorras. Tel 636 489 512

Carlos Basalo, secretario comarcal de Organización de UUAA Ourense Central. Coordinador da oficina de danos en Ribeiro. Tel 669 316 156





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web