Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DISCREPA DO CRITERIO TERRITORIAL DE MEDIO RURAL PARA APROBAR AXUDAS AOS VITICULTORES

Pide a extensión a todos os afectados polas xeadas do mes de abril

Santiago de setembro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias discrepa do modelo de reparto de axudas que aplica a conselleira do Medio Rural aos viticultores afectados polas graves inclemencias climatolóxicas que se están a vivir nas catro Denominacións de Orixe de viño nas provincias de Ourense e Lugo.

UUAA acaba de coñecer polos medios de comunicación -os representantes dos produtores pese a ter remitido 5 escritos solicitando unha reunión seguen sen ser recibidos na Consellería- que se abre unha partida de 1,5 millóns de euros para apoiar aos viticultores de Cenlle e Castrelo de Miño polas perdas sufridas polo pedrazo da pasada semana.

Desde a organización agraria valorase positivamente a sensibilidade mostrada cara os produtores destes dous concellos, pero non se entende que se limite aos veciños de dous termos municipais cando todo o sector ven reclamando axudas directas para as explotacións que perderon toda a produción desde as xeadas do pasado mes de abril.

Ninguén a estas alturas do ano nega a gravidade da caída da produción nas DO de Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei, que ademais será claramente contrastable nas declaracións de colleita unha vez que se realice a vendima. Neste contexto o departamento de Ánxeles Vázquez, fai un novo exercicio de cinismo ao aprobar as partidas de axudas directas que antes definía como ilegais.

O sindicato lémbralle a conselleira que a mellor maneira de promover os seguros agrarios entre os produtores é que estes sexan útiles con modelos de pólizas adaptadas a Galicia e a prezos equiparables aos de outras comunidades. Así mentres a Xunta cubre escasamente o 40% dos custes noutras zonas produtivas do Estado se chega ao 65% que ampara a lei.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web