Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA RECLAMA ATENCIÓN ÁS DÉBEDAS DOS GANDEIROS INDIVIDUAIS NA VENDA DE “ARTESANOS DE LA CARNE”

Son unhas 60 pequenas explotacións que reclaman 604.000 euros

Lugo, 12 de setembro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias reclama que na venda ao grupo Coren da firma Artesanos Gallegos de la Carne, non se esquezan as débedas que esta ten cos gandeiros individuais. Un total de 62 explotacións que teñen impagos por valor de máis de 600.000 euros.

Para a organización agraria, resulta positivo que a través da compra pola cooperativa ourensá se dea continuidade á actividade da planta de Castro Ribeiras de Lea, pero agarda que a viabilidade da mesma non implique esquecerse das débedas coas pequenas explotacións posto que para moitas delas atópanse nunha situación económica xa moi difícil polo estancamento desde hai anos dos prezos das súas producións.

Unións Agrarias, lembra que no informe do administrador concursal de Artesanos Gallegos de la Carne, reflíctense a existencia de uns 10 millóns de euros en activos, (instalacións, maquinaria, existencias, etc)  polo que tendo en conta o prezo de compra que se ten publicado, hai marxe suficiente para non deixar no camiño a ninguén, nin aos traballadores nin as explotacións que entregaron a súa produción sin recibir nada a cambio.

Voceiro: Xosé Ramón González, responsable de Agricultura e Gandería Extensiva. Tel: 636 489 512





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web