Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE A XUNTA QUE NON RETEÑA O PAGO DA PAC AOS PRODUTORES

Case 8 millóns de euros de axudas ao sector lácteo teñen que ser pagados neste mes

Santiago, 20 de setembro e 2017.- O sindicato Unións Agrarias pide a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez que faga entrega en prazo dos fondos pendentes das axudas da PAC aos produtores, para tratar de paliar na medida do posible, a falta de recursos que atravesan pola cadea de catástrofes climáticas e a caída de prezos en orixe. Os fondos da Unión Europea para Galicia ascenden a mais de 210 millóns euros, entre axudas directas, fondos para desenvolvemento rural e axudas excepcionais para os produtores de leite. Estas últimas, que ascenden a case 8 millóns de euros, deben ser  libradas antes do 30 de setembro polo que desde UUAA se pide eficiencia a Medio Rural para que as explotacións poidan ter unha mínima liquidez para afrontar os gastos extra derivados da caída da produción de forraxe pola seca.

No capítulo de axudas directas, as explotacións galegas poderán acceder a preto de 170 millóns de euros que poden ser abonados nunha porcentaxe dun 70%, a partir do 16 de outubro que a Xunta retrasou ata o 25 de novembro no 2016 co obxectivo de maquillar os seu orzamentos. Nos fondos destinados ao desenvolvemento, tamén hai partidas das que se pode dispoñer nunha porcentaxe do 85%, a partir de mediados de outubro, 5,5 millóns de euros para as zonas con limitacións naturais e 1,2 para axudas agroambientais. A libranza destes fondos deber ser áxil para que moitas familias do rural saian adiante a pesar de que teñen perdido en moitas ocasións a totalidade da colleita en sectores como a viticultura ou a castaña ou viron moi reducida a produción de pastos ou forraxes no gando de carne pola seca e as xeadas. Os produtores galegos, a pesar de ter solicitado de xeito desesperado as axudas directas que permite a lei, téñense atopado cunha total cerrazón por parte de Medio Rural que prefire negar a evidencia e seguir cunha política de propaganda no canto de afrontar a problemática dun gran número de sectores que está a atravesar dificultades.

Unha situación que se ve agravada polos retrasos inxustificados que se están producindo con casos sangrantes de algún gandeiro ao que se lle adebedan xa dúas anualidades. Ao que hai que sumar a campaña indiscriminada de requerementos fiscais que se está ditando contra as explotacións gandeiras galegas. Esta acción sen precedentes, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións no tiveran carácter económico ao non existir transvase de diñeiro. Finalmente desde UUAA destácase a total falta de atención para escoitar e diálogo por parte da Consellería cos representantes dos produtores, nin se convocou a Mesa do Leite nin o Comité de expertos do Plan Lácteo- igual que ocorre en sectores como o a viticultura, castaña, etc - nunha especie de negación continua dunha realidade que ten a economía do rural no bordo do desastre.

Voceiro: Javier Iglesias, responsable de gandería de UUAA, Tel 628 703 347





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web