Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA ANUNCIA MOBILIZACIÓNS PARA RECLAMAR AS DÉBEDAS COS GANDEIROS DE “ARTESANOS DE LA CARNE”

Logo da compra por Coren sen liquidar coas 60 explotacións afectadas

Lugo, 3 de outubro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias vén de reunirse na mañá de hoxe con gandeiros afectados polos impagos da empresa Artesanos Gallegos de la Carne na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea. No encontro, ao que asistiron a práctica totalidade dos acreedores, acordaron un calendario de mobilización que terá o seu punto de arranque nunha concentración diante da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo o vindeiro martes 10 de outubro as 11.00 horas.

Unións Agrarias reclama que una vez efectuada a venda ao grupo Coren da empresa Artesanos Gallegos de la Carne, se liquiden as débedas que ésta ten cos gandeiros individuais. Hai que lembrar o nivel de investimentos públicos depositados no seu día na mesma para a Xunta obrigue a satisfacer as 62 explotacións que teñen impagos por valor de máis de 600.000 euros.

Para a organización agraria, resulta positivo que a través da compra pola cooperativa ourensá se dea continuidade á actividade da planta de Castro Ribeiras de Lea, pero agarda que a viabilidade da mesma non implique esquecerse das débedas coas pequenas explotacións posto que para moitas delas atópanse nunha situación económica xa moi difícil polo estancamento desde hai anos dos prezos das súas producións.

Unións Agrarias, lembra que no informe do administrador concursal de Artesanos Gallegos de la Carne, reflíctense a existencia de uns 4.5 millóns de euros en activos, (instalacións, maquinaria, existencias, etc)  polo que tendo en conta o prezo de compra que se ten publicado, hai marxe suficiente para non deixar no camiño a ninguén, nin aos traballadores nin as explotacións que entregaron a súa produción sen recibir nada a cambio.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web