Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

FADEMUR CONVOCA A UNHA XORNADA SOBRE DE REDES DE TRANSFERENCIA EN CASTRO DE REI

Castro de Rei 9 de outubro de 2017.- A Federación de Asociacións de Mulleres Rurales (Fademur) celebrou hoxe Ponte do Outeiro, parroquia do concello de Castro de Rei en Lugo unha xornada sobre Redes de Transferencia co obxectivo de mellorar a inclusión económica das mulleres do rural de Galicia. O programa posto en marcha conta co financiamento do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.
Esta cadea de actos celebraranse durante as próximas semanas en nove comunidades autónomas: Galicia, Estremadura, Castilla e León, Castilla-A Mancha, A Rioja, Asturias, Comunidade Valenciana e Andalucía.
As xornadas teñen o obxectivo de informar e formar sobre o acceso das mulleres ao mercado de traballo no medio rural. A participación neste macroproxecto é gratuita, o único requisito é a inscripción previa xa que hai un límite de prazas por cada xornada. Para iso, Fademur abriu un espazo web no que as interesadas poden acceder e elixir en que provincia van asistir ao acto.
Coa participación de expertos en diferentes materias (incorporación de mulleres novas na actividade agraria, Lei de titularidad compartida, medidas de desenvolvemento rural LEADER e Feader, acceso das mulleres a órganos de gobernanza das cooperativas e organizacións profesionais agrarias), Fademur pretende que as xornadas sirvan ás mulleres rurales para decatarse do papel que en conxunto teñen na economía rural, así como das súas opcións, dos problemas que sofren e das estratexias que pode seguir para mellorar a súa situación.
Con todo iso, a organización fomentará a incorporación das mulleres na actividade económica do medio rural, impulsará a permanencia das mulleres no mercado laboral e promoverá o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres.

PROGRAMA  DIA 9 OCTUBRE: LOCAL SOCIAL,  PONTE DE OUTEIRO, CASTRO DE REI,LUGO.

“RURAL WOMEN MEETINGS: TRANSFER NETWORKS”

ENCUENTROS DE MUJERES RURALES: REDES DE TRANSFERENCIA

16,00 h- Recepción y acreditación de participantes.

16,30 h Inauguración del Encuentro

Presidenta de FADEMUR

Presidenta Asociación de Mulleres Rurais A Xuntanza de Castro de Rei, Lugo

Video “REDES DE MUJERES: EMPRENDIMIENTOS EN EL MEDIO RURAL”

17:30  h TRANSFER NETWORKS- Mesa redonda: “Proyectos desarrollados por mujeres incorporadas a la actividad agraria y la transferencia de conocimiento sobre proyectos innovadores desarrollados por mujeres rurales”

DEBATE :

               - VERONICA NUÑEZ LOPEZ. EMPRESA CAURELOR (elaboradora de derivados de productos silvestres)

                -ANA BELEN BARRAL VALIÑA. EMPRESA LUCECUS (producción de artesanía textil)

19,45 h DESPEDIDA DE DELEGACIONES





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web