Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA PIDE ABRIR UNHA MESA DE EMERXENCIA PARA O RURAL

Moitas explotacións quedaron se posibilidade de alimentar o seu gando

Unións Agrarias quere trasladar as súas condolencias a familiares e amigos das persoas que tristemente faleceron nos incendios dos pasados días, do mesmo xeito desexa o pronto restablecemento dos feridos e agradece o traballo de todos os galegos e galegas que uniformados ou non loitaron contra as chamas.

Santiago, 18 de outubro de 2017.- O sindicato reclama a posta en marcha inmediata por parte da Xunta de Galicia, dunha mesa de traballo que dea resposta a situación de emerxencia económica e social no que se atopa gran parte do rural galego logo da tormenta de lumes que arrasou co medio de vida de moitas familias de gandeiros e agricultores.

Pola información que está chagando ás oficinas da organización agraria as perdas en granxas, animais e producións resulta catastrófica en moitos casos. Un número importante de produtores quedaron sen posibilidade de alimentar ao seu gando posto que se lle queimaron os pastos e a herba almacenada. Noutros casos os rabaños de animais están perdidos logo de fuxir das lapas. A estas circunstancias hai que engadir que coa chegada das choivas as escorrentías de cinza van a contaminar os pozos e ríos polo no se colle a auga para beba o gando.

O sindicato logo de escoitar ao presidente da Xunta anunciar acertadamente axudas para compensar as perdas en vivendas e naves, pide que se faga extensiva esa sensibilidade cara as persoas do rural que perderon o seus bens e non teñen posibilidade de remontar as perdas, posto que o seu entorno quedou arrasado e a propia lexislación impide o pastoreo nas zonas queimadas. Deste xeito quedan no aleiro todos os postos de traballo xa que as non dispoñen dos elementos mínimos para manter aberta as granxas.

Desde UUAA faise un chamamento a conselleira do Medio Rural para que nesta ocasión non persista na actitude de negar a reunirse cos representantes dos produtores, como no caso das crises por xeadas ou  seca, posto que falar cos afectados e parte da solución e non facelo motiva a falta de acerto nas solucións.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web