Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UNIÓNS AGRARIAS PIDE MEDIDAS PARA EVITAR A REPETICIÓN DA VAGA DE LUMES E PARA ATENDER AOS AFECTADOS

Na actividade produtiva no medio rural está a solución aos incendios forestais

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017 –Unións Agrarias considera que a vaga de lumes sufrida polo rural galego esta semana, é unha situación intolerable que non se pode volver a repetir. Demanda da Xunta de Galicia e do resto das autoridades e do Poder Xudicial, unha actitude proactiva para evitar que as situacións climáticas excepcionais, se salden sistemáticamente con vagas incendiarias, como si foran inevitables e non houbera nada que facer.

Unións Agrarias está a traballar na valoración dos danos a vivendas e ás explotacións afectadas polo lume, a través do persoal técnico das súas oficinas, a fin de colaborar cos afectados na reclamación dos danos aos seguros, e para preparar as solicitudes de axuda ás distintas Ordes que as Consellerías da Xunta van publicar no DOG, unha vez que onte foi aprobado no Consello da Xunta o Decreto 112/2017 de medidas urxentes para a reparación dos danos dos incendios, unha das demandas do sindicato agrario que lle fixo chegar por carta á Conselleira do Medio Rural.

O sindicato advirte da dramática transformación que está a sufrir o medio rural galego, como efecto do abandono da actividade agraria. Son os prados, pastos e terras de labor en activo, os verdadeiros cortalumes que funcionan, e onde se pode atallar o lume, nas condicións climáticas límite como as que se deron o pasado fin de semana. En tanto en canto se abandona a agricultura e a gandería, se transforma o territorio en mato, que conecta como combustible as masas forestais, facendo inatacables os incendios en condicións límite con lumes de copas, onde os Servizos de Extinción so poden repregarse sobre as vivendas do rural, para intentar salvar as casas e as vidas das persoas. Vivendas que na maior parte dos casos xa non están protexidas do lume como no pasado por un cinto de hortas e cultivos, senón que o mato e o arborado chega ata as casas complicando a situación ata límite de riscos para as vidas das persoas.

Por todo elo, cómpre recoñecer e apoiar a actividade no medio rural galego, como única fórmula posible de obter un territorio seguro fronte aos incendios forestais catastróficos. Ou se aposta polos agricultores e gandeiros e a viabilidade da súa actividade, ou o escenario inmediato na próxima década  será o que estamos a ver en Portugal, onde o abandono da actividade produtiva en amplas zonas do territorio fai que os lumes catastróficos sexan imposibles de apagar, e onde este ano hai xa máis de 100 vítimas mortais. Hai que traballar con propostas, que eviten este escenario. Porque o que non xestione o home, vaino xestionar o lume.

Cada vez que se pecha unha escola, ou un centro de saúde, ou servizo público no medio rural, cada vez que un xabaril destrúe unha colleita, cada vez que se paraliza un proxecto viable no medio rural, cada vez que limita nun espazo protexido a actividade sen unha compensación, se está a incentivar o abandono da actividade, polo tanto a facer o territorio máis vulnerable ao lume, e polo tanto a dar un paso á dirección contraria á solución dos lumes, e un paso cara o escenario catastrófico que xa é unha realidade mo veciño Portugal, que debe de servir de claro aviso á sociedade galega.

Unións Agrarias insta á Xunta de Galicia a liderar unha iniciativa onde se podan acordar propostas de solucións  dos grandes problemas estruturais que ameazan a viabilidade da actividade no rural, como o problema da mobilidade de terras, xa que nos próximos sete anos se xubilarán a metade dos agricultores e gandeiros actualmente en activo, e de non haber un marco legal, e fórmulas que permitan que estas terras queden na agricultura con actividade, suporá un paso definitivo para unha catástrofe estrutural como a que está a sufrir Portugal.

Por último o sindicato ven de solicitar a Medio Rural sensibilidade na aplicación das normas de prohibición de pastoreo en terras queimadas durante dous anos, e no desconto das axudas da PAC sobre terreos queimados, xa que suporían un dobre castigo para os agricultores e gandeiros afectados polo lume, que non só viron mermada a súa base territorial e a posibilidade de alimentar ao gando, senón que terían o dobre castigo da perda de renda inducida por estas prohibicións.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web