Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA DENUNCIA DESCONTROL DA XUNTA NAS AXUDAS DA SECA

Como noutras ocasións a letra pequena da Orde impide que sexan cobrables

Santiago 9 de novembro de 2017.- A Consellería de Medio Rural continúa coa cunha campaña de anuncios de axudas económicas a produtores afectados polas calamidades climatolóxicas ou polas vagas de incendios, que a hora da verdade resultan incobrables na súa grande medida, polo articulado que fixa a propia norma.

O último exemplo é o referido a comunicación realizada o pasado 4 de novembro pola conselleira Ángeles Vázquez, na que se anunciaba que se poñía a disposición de gandeiros e agricultores un millón de euros para garantir o aprovisionamento de auga as explotacións. Uns fondos que so se podían destinar a rehabilitar pozos existente e que estiveran rexistrados, quedando fora da liña de apoio as novas captacións de auga.

Despois das queixas dos produtores polo absurdo de non acoller na norma novos pozos, cando os existentes están secos, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia anuncia que en determinadas circunstancias sí se autorizará perforar novas captacións, pero que haberá que solicitar o permiso a Demarcación de Augas correspondente (Cantábrico e Miño-Sil dependentes do MAPAMA e Galicia Costa dependente de Augas de Galicia.

Este trámite pode tardar, dependendo da complexidade da tramitación, de un ano a 18 meses co cal todas as axudas que se soliciten quedarán fora de prazo para poder ser xustificadas porque Consellería establece como data límite de xustificación e solicitude pago o 30 de setembro de 2018. Desde o sindicato Unións Agrarias pídese a Xunta de Galicia que deixe de xogar coa desesperación das xente do rural, anunciando liñas de axudas que logo non son cobrables.

O mesmo ocorre coas anunciadas para cubrir os danos da xeada no viñedo que ían a estar dotadas de 11 millóns de euros na realidade a Xunta só destina 500.000 € para os viticultores que estean no réxime de autónomos, co que se exclúe ao restante 95%. Ou os 11 millóns para cubrir danos dos incendios que logo quedaron reducidos a só 1,5 millóns de Euros para o agro, o que non cubre nin sequera as perdas ocasionadas polos lumes nas forraxes.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web