Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

UUAA INSTA A FEIJOO A NON ESQUENCERSE DO RURAL NA NEGOCIAÓN DO NOVO MODELO DE FINANCIACIÓN

Pide aos deputados galegos no Congreso xustiza fiscal para o sector agrario

Santiago, 6 de decembro de 2017.- Unións Agrarias vén de trasladarlle ao presidente da Xunta de Galicia, a necesidade de activar medidas de xustiza fiscal que poñan fin ao maltrato que os produtores galegos veñen recibindo por parte do Ministerio de Facenda. No escrito, a organización agraria lémbralle a Núñez Feijoo que nesta lexislatura, lonxe de favorecerse o desenvolvemento e o equilibrio do medio rural, tal como prometera na súa investidura, está resultando a mais destrutiva en termos de rendas e cargas fiscais para os produtores.

Así, á falta dunha resposta eficiente por parte da Consellería de Medio Rural diante das calamidades climáticas (xeadas, pedrazo e seca) que veñen sufrindo as explotacións agrogandeiras galegas, houbo que sumar a voracidade recadatoria que levou incluso a ser multados persoas polo feito de botarlle unha man na colleita a parentes ou veciños, tal como se ven facendo desde sempre en Galicia, cando esas axudas sábense sempre puntuais e polas que non se percibe renda algunha.

Unha teima por baleirar as rendas dos produtores presente no  catastrazo co que se está facendo pagar aos agricultores e gandeiros polas construcións que son o seu medio de vida,  ou na redución de máis dun 20% da bonificación do gasóleo profesional, e tamén a limitación do complemento de renda que ter os pensionistas que venden castañas ou uvas, ou a campaña indiscriminada de requerementos fiscais que está ditando contra as explotacións gandeiras galegas.

Unha acción sen precedentes, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións ou transmisións de dereitos do pago único da PAC, a pesar de que estas accións no tiveran carácter honeroso ao non existir transvase de diñeiro ou realizarse entre pais e fillos ou conxugues a hora da xubilación. Unhas axudas comunitarias que por certo teñen o carácter de condicionadas, posto que se conceden a labor medioambiental e o mantemento dun modelo de produción de alimentos con calidade e a prezos asequibles, polo que resulta moi discutible o trato fiscal que se lles dispensa.

O sindicato UUAA vaia trasladar aos deputados e deputadas galegos no Congreso un informe no que se pon claramente de manifesto a necesidade de revisar de adecuar a sobrecarga tributaria que soportan os gandeiros e agricultores galegos –a pesar da propagada da Xunta de Impostos Cero para o Rural- cos de outras zonas produtivas para cando menos para poder competir en igualdade de condicións. 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web