Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
COMUNICACIÓN Notas, comunicados e intervencións

A XUNTA MANTÉN A GALICIA NA COLA NOS PREZOS DO LEITE

UUAA pide a conselleira de Medio Rural respecto e acción co sector lácteo

Santiago 4 de xaneiro de 2018.- O sindicato Unións Agrarias denuncia a frivolidade e o cinismo da conselleira do Medio Rural ao gabarse do prezo do leite pagado en Galicia no último ano, cando os gandeiros galegos foron novamente os peor pagados de toda España.

Basta con acceder ás táboas do MAPAMA para poder comprobar que so Baleares –que representa menos do 1% da produción española- queda un pouco por debaixo de Galicia na cotización do ano 2017. Pero resulta que ademais na media do Estado si desagregamos o prezo pagado en Galicia, que altera a baixa a cotización global, vemos un diferencial negativo de 2,25 cts/l.

Nas comunidades autónomas limítrofes, como Castela e León ou Asturias, os prezos medios sitúanse en 33.20 cts/l e 35.20 cts/l respectivamente fronte aos 32 cts/l de Galicia, polo que no se pode falar do diferencial de base xeográfico na constitución do prezo, senón dunha total falta de xestión. Pero se imos á comparativa cos países produtores da UE o diferencial de subas respecto de Galicia (11.15%) é desolador, Países Baixos 40.34 % ou Alemaña 35.32 % quedando a media da UE nun 21.6 %.

Coa campaña publicitaria de Ánxeles Vázquez trata de tapar os datos da súa mala ou nula xestión, coa intención de enganar á opinión pública e demostrando un desprezo pola situación do sector lácteo galego. Pero a realidade é que Galicia segue sendo a comunidade que menos cobra o leite. No ano pasado,  a pesares dos fortes incrementos dos prezos de produtos industrias, estes non se repercutiron no pagado ós produtores galegos, algo que si sucedeu no resto dos países da UE con incrementos de máis de 6 céntimos na maioría dos países e cunha media de prezos actual de 37.62 céntimos, moito por encima de España e sobre todo de Galicia.

A conselleira do Medio Rural esqueceu por completo os seus compromisos como deixa patente na non convocatoria do grupo de traballo do sector lácteo, para debater co posibles solucións á difícil situación que seguen a pasar as nosas explotacións. Tamén se esqueceu da busca de solucións como a mobilidade de terras, a modernización das nosas explotacións, onde se seguen a denegar máis da metade dos expedientes, as explotacións con problemas coa seca, etc. Do mesmo xeito parece non dar resposta a outros problemas que crean as propias administracións como o problema de xestión dos xurros.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web