Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Avicultura

UUAA DENUNCIA A DÍA POR FORZAR CAÍDAS NO PREZO DO POLO

O sindicato prepara un calendario de mobilizacións contra da distribuidora

~~O sindicato Unións Agrarias vai iniciar na semana que ven un calendario de mobilizacións contra da cadea de distribución Día para denunciar a súa política de caída prezos na carne de polo coa que pretende desestabilizar a todo o sector avícola de Galicia. Ao das últimas semanas, a citada marca está sacando aos lineais do seus supermercados polo por debaixo de 2,15 euros/kilo o que supón un claro caso fraude por venda a perdas.

UUAA vai a poñer de inmediato en coñecemento da Agencia de Información y Control Alimentarios –dependente do MAGRAMA- e do Instituto Galego de Consumo e Competencia un informe elaborado polos técnicos do sindicato en todas as Comunidades autónomas no que se detecta o movemento especulativo a nivel de todo o Estado da cadea Día para alterar as normas de mercado.

Para a organización agraria resulta especialmente preocupante a situación que esta política de destrución de prezos vai a supoñer para os centos de explotacións avícolas de Galicia que levan meses no límite da supervivencia polo contínuo incremento dos custes de produción sobre todo despois dos tarifazos tanto da enerxía eléctrica e os combustibles. Hai que ter en conta que segundo o Estudo da Cadea de Valor que elabora o Ministerio de Agricultura anualmente, fixa para 2011 -tendo en conta os  custes- un prezo de referencia para a venda que non debe ser inferior 2,73 euros/kilo.

Unha situación que desde 2013 xa provocou o peche de 120 granxas e perdas no sector de máis 50 millóns o que está poñendo en perigo máis de 5.000 empregos dada a situación financeira que atravesan e produtores, fábricas de penso, matadoiros, industrias de transformación, etc. Os avicultores de polo avisan, que no caso dun peche masivo das granxas as cadeas de distribución terían que abastecerse con carne de terceiros países que non teñen as mesmas esixencias e garantías sanitarias que o requirido pola normativa europea, o que iría en prexuízo dos consumidores.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web