Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

A BUROCRACIA DA XUNTA FREA A EXPANSIÓN DAS GRANXAS DE LEITE

Medio Ambiente e Medio Rural contradícense nos requistos nos Plans de Mellora

~~A falta unidade de criterio entre os departamento de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia está provocando que as explotacións lácteas máis punteiras de Galicia, vexan comprometida a súa viabilidade económica no momento máis crítico de adaptación ao modelo de produción sen cotas.
Medio Ambiente está comunicando ás explotacións que solicitaron plans de mellora para a ampliación das súas explotacións, que deben cumplir o trámite de Incidencia Ambiental para a autorización das mesmas, pero cunhas novas condicións que Medio ambiente se inventa, sen ter base legal ningunha, respecto á capacidade das fosas de purín, á obligatoriedade de cubrición e a división das mesmas.
Todos estos novos requisitos se unen ós retrasos da inoperante Lei de Emprendemento que xa estaba a provocar numerosos retrasos nas tramitacións por falta de coordinación entre as diferentes administracións e que obriga aos gandeiros a peregrinar polas distintas ventaniñas. Neste sentido, expedientes que non teñan que ser sometidos a procesos como Incidencia ambiental, están sendo enviados a Medioambiente co conseguinte retraso e posibilidade de que sexa denegada a axuda que teñen solicitada ante a Consellería de Medio Rural xa que lles obriga a ter licenza de obra antes do 15 de xuño.
Este cambio de criterios se realizou unha vez xa finalizado o prazo de solicitude das axudas para a ampliación das explotacións por parte de medio Rural e polo tanto, os requisitos que esixe Medio Ambiente de aumentar a dimensión das fosas e cubrición das mesmas ten que ser soportado íntegramente polos gandeiros que ven así como se perxudica máis as súas economías.
Cabe salientar tamén o diferente criterio entre as dúas Consellerías en canto a esixencias para as explotacións, cálculo de dexeccións, cubrición e división das fosas que está a desconcertar a un sector que está investindo fortemente para prepararse para un horizonte de produción sen cotas.
UUAA esixe que non se teñan en conta os novos criterios por Medio Ambiente ata que se discutan co sector e se publique a normativa correspondente, do mesmo xeito o sindicato pide a Medio Rural que amplíe o prazo para poder presentar as licencias de obra para evitar que queden fora expedientes por este motivo.
 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web