Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA ALERTA DUNHA ESTAFA MILLONARIA NA CESIÓN DE COTA

Consiste en alugar ou revender os mesmos dereitos de produción

~~Unións Agrarias alerta dunha estafa millonaria que se está fraguando no alugueiro ou venta de cota láctea en Galicia. A fraude consiste en revender ou alugar un mesmo dereito de produción a distintos gandeiros e esixindo o pago por anticipado por unha suposta mellora no prezo.

Deste xeito, segundo as denuncias que están chegando as oficinas de UUAA, centos de gandeiros están ampliando a súa produción grazas a ter pagado por un incremento de cota que realmente non existe xa que so ten validez a primeira transmisión de dereitos e non a multiplicación fraudulenta da mesma. Así o final da campaña ademais de perder inversión en cota, terán que facer fronte a unha multa por sobre produción.

O sindicato denuncia que o caldo de cultivo para que se dea esta estafa millonaria foi a burbulla especulativa que se está a producir pola falta dunha ordeación e reparto dos dereitos de produción, e responsabiliza as administracións de non ter programado para o sector unha aterraxe suave en abril de 2015 no que deixan de existir as limitacións a produción láctea.

Tamén Unións Agrarias exise que se active inmeditamente un protocolo de control desde o FEGA para que o cruzamento de datos non contratos de arrendamento ou venta de cota supoñan un control efectivo contra este tipo de prácticas delictivas. Na actualidade poden pasar máis de 15 días desde que se comunica ata que se concreta a transmisión de cota, polo que un estafador poder revender ata dez veces os mesmos dereitos.

Se temos en conta que as transmisións de cota superan en moitas ocasións o millón de kilos e que a media do prezo de aluguer está arredor dos 5 céntimos dá unha idea da magnitude do problema que se está formando, se a Xunta de Galicia non corta de inmediato estas prácticas fraudulentas.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web