Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

GALICIA CAE O ÚLTIMO POSTO DO ESTADO NO PREZO DO LEITE

O 70% das explotacións lácteas vende por baixo de custes de produción

~~O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, denunciou hoxe en rolda de prensa que Galicia caeu por primeira vez a última posición de todo o Estado en canto as cotizacións do prezo do leite en orixe con 0.337 céntimos para o mes de xullo, mentres que a media de España está en 0.35, da Unións Europea en 0.38 e a de países netamente exportadores como Holanda e Dinamarca en 0.39 e 0.41 respectivamente.

Unha situación que se agrava si se ten en conta que nos últimos sete anos Galicia perdeu case 3.500 gandeiros cuns efectos no emprego que se  agravan porque en cada granxa existen unha media de dous postos de traballo por cada titular, ademais temos que contar os postos de traballo indirectos en comerciais agrogandeiras, empresas de servizos, pequeno comercio, etc.

A seis meses da entrada en vigor do libre mercado no sector lácteo, Galicia estase quedando sen músculo produtivo para acometer a conquista dos mercados no 2015 sen cotas sobre todo tendo en conta os datos que presenta Francia: 25.000 millóns de litros de produción, 70.000 explotacións, 56.465 empregados e un volume de axudas a produción que duplican as que percibe un gandeiro en Galicia.

Para “compensar” esta situación a Xunta de Galicia acaba de denegar o 80% das solicitudes de Plans de Melloras das explotacións, a pesar de que so ten que aportar 12´5 % a este capítulo orzamentario xa que o resto provén de fondos comunitarios e estatais. Non parece ter en conta que todos os solicitantes, na maioría xoves, xa tiveron que facer fronte ó pago de custosas licencias municipais, proxectos e demais autorizacións e que moitos deles xa teñen as obras en parte ou na súa totalidade feitas, polo que xa fixeron un esforzo moi importante de inversión a espera da axuda  correspondente.

O sindicato bota en falta unha acción coordinada e decidida das administracións do Estado na defensa do sector lácteo nun momento de especial tensión no que conflúen o fin do sistema de cotas e a ameaza de sancións por un suposto exceso de produción no que os datos que se trasladan ao sector dun sobrepasamento dun 6% cos que se remiten a Bruxelas non que se indican que estamos un 6% por baixo do límite.

Finalmente, Roberto García lembra que “a presencia no sector de instrumentos como o mediador e a contractualización por períodos mínimos dun ano, serían decisivos para dotar de competitividade, seguridade de cobro e garantía de recollida as explotacións galegas no mercado libre”.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web