Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA ESPERA QUE AINDA SEXA POSIBLE UN ACORDO QUE MODIFIQUE O PAQUETE LACTEO

O sindicato agradece que os grupos políticos levaran a pleno a iniciativa

Mediador e garantía de recollida deben estar presentes no novo articulado

~~O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, presenciou hoxe ao debate no Pleno do Parlamento de Galicia sobre as iniciativas dos grupos políticos arredor da necesidade de modificación do chamado Paquete Lácteo. Desde o sindicato lamentase que non houbera unanimidade na concreción dunha iniciativa parlamentaria conxunta, pero agradece o feito de que se trasladase e se debatese con rapidez logo do encontro cos grupos parlamentarios a semana pasada. 

Despois de coñecer a posición dos distintos grupos, desde a organización agraria insistese en que é imprescindible a incorporación a norma a modificar, a figura dun mediador con capacidade real de arbitraxe entre produtores e industrias –a imaxe do que xa funciona en Francia- que sirva de factor de equilibrio na cadea de valor o leite. Do mesmo xeito a contractualización por períodos mínimos dun ano, é decisiva para dotar de competitividade, seguridade de cobro e garantía de recollida as explotacións galegas no mercado libre que botará a andar en 2015.

A seis meses da entrada en vigor do libre mercado no sector lácteo, Galicia estase quedando sen músculo produtivo para acometer a conquista dos mercados no 2015 sen cotas, sobre todo tendo en conta os datos que presenta Francia: 25.000 millóns de litros de produción, 70.000 explotacións, 56.465 empregados e un volume de axudas a produción que duplican as que percibe un gandeiro en Galicia.


A gandería de leite de Galicia están a vivir unha crise que vai moito máis alá dun problema unicamente económico, que supón moito máis para este país que pechen explotacións, senón  que o que como galegos e galegas nos estamos a xogar é a viabilidade dun modelo social, territorial e económico, pero tamén cultural e medioambiental. Unha crise que toca pois o corazón da nosa sociedade, que ataca un sector estratéxico que constitúe a columna vertebral da economía do mundo rural.


Nos últimos sete anos Galicia perdeu case 3.500 gandeiros cuns efectos no emprego que se  agravan porque en cada granxa existen unha media de dous postos de traballo por cada titular, ademais temos que contar os postos de traballo indirectos en comerciais agrogandeiras, empresas de servizos, pequeno comercio, etc.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web