Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

A XUNTA NON PODE SER EXPECTADOR NA NEGOCIACIÓN LÁCTEA

Na negociación de hoxe con Lactalis a grande ausente a Consellería

~~Na reunión mantida hoxe entre representantes da firma Lactalis e produtores lácteos volveu a repetirse o guión habitual nestes encontros, a industria dita unhas condicións de volumes de recollida e  prezo de obrigada aceptación e os produtores, sen capacidade de negociación pola falta de normativas que sirvan para equilibrar xustamente a negociación, vense no dilema de acatar a imposición ou tirar co leite. Para UUAA esta é a realidade a día de hoxe en Galicia e non as “análises de despacho” que se trasladan desde a Consellería de Medio Rural que por outra parte foi a gran ausente na reunión de hoxe a que non acudiu aínda que solo fora para levantar acta.

Os produtores lácteos galegos están as portas de disputar un partido cun adversario que ten todo ao seu favor. Desde hai meses a organización agraria UUAA leva advertindo da “tormenta perfecta” que se está a formar arredor do sector lácteo galego, que lembremos que supón o principal motor produtivo español, pola inacción das administracións para acabar co “dereito colonial” que industrias e distribución exercen con total impunidade sobre a produción galega.

Unións Agrarias lamenta que unha vez máis os gandeiros se vexan diante do peor dos escenarios económicos para as súas explotacións. A escasos dous días de que finalicen os contratos lácteos asinados, o Goberno non acaba de trasladar unha reforma ao chamado paquete lácteo que introduza as melloras que dean viabilidade as escasas 9.000 explotacións que subsisten en Galicia. Non se avanza na definición da figura do mediador nin nos mecanismos de sanción eficientes que permitan negociar en pe de igualdade a produtores e industrias.

Para a organización agraria chama poderosamente a atención que mentres que en Francia se realizan campañas para fomentar o consumo do seu leite e derivados, aquí se invita aos produtores a cometer a ilegalidade de vender a perdas aceptando asinar contratos por debaixo dos custes de produción. Neste contexto os prezos en orixe pagados nas granxas galegas afondan na súa brecha respecto doutras zonas produtoras do Estado español. Con apenas 0,322 euros por litro rexistra as cotización mais baixas e a moita distancia de Andalucía con 0,394 euros/litro, Asturias 0,353/litro ou Pais Vasco 0,362 euros.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web