Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA CONFÍA NUN ACORDO POLÍTICO QUE VIABILICE O SECTOR LÁCTEO

A Xunta debe priorizar a defensa dos gandeiros fronte a prepotencia das industrias

~~Unións Agrarias vai a impulsar unha nova rolda de reunións cos diversos grupos políticos do Parlamento de Galicia para tratar de acadar un compromiso conxunto de defensa do sector lácteo galego nun intre no que está sobre da mesa a viabilidade futura do mesmo. Logo de facerse público por un medio de comunicación a redacción da modificación que o Ministerio de Agricultura pretende aplicar ao Paquete Lácteo, faise mais urxente que nunca unha postura a nivel de Galicia, que fixe tres elementos básicos que deben estar presentes no novo decreto.

Non cabe posibilidade de negociación co articulado que se deu a coñecer, xa que a parte dominante, industria e distribución, carece de contrapesos normativos que equilibre as forzas a hora de trabar un acordo equilibrado. Do mesmo xeito, e tal como se viña temendo desde UUAA, a figura do mediador sigue tendo un carácter voluntario polo que ningún firma compradora por lóxica se vai a sumar. Unha terceira ameaza se agocha detrás do decreto, e que non se pecha a posibilidade de asinar contratos de menos dun ano coas industrias. Isto vai abrir someter a todo o sector primario a unha continua perda de renda polas tensións baixistas que os especuladores van a introducir no mercado do leite sen ningún reparo.

Para a organización agraria aínda queda tempo para frear esta emenda a totalidade ao futuro das explotacións de gando de leite galegas, polo que insiste na necesidade de afrontar en común e co liderado do presidente da Xunta, unha saída razoada e razoable a esta “tormenta perfecta”. De non ser así, Galicia vai a resultar a grande prexudicada xa que é o principal foco de produción e polo tanto o primeiro obxectivo dos especuladores. Ademais a entrada no mercado libre a partir de día 1 de abril, de non estar dispoñible unha normativa escrita desde o sentido común, vai a entregar ás industrias unha baza máis para facer teaza sobre os produtores, como é a incerteza  que se abre sobre a garantía de recollida e a consolidación de volumes na venta do leite. O sindicato pide que se dea validez a primeira redacción do borrador do decreto no tocante a renuncia a un ano de contrato por parte dos gandeiros se daban circunstancias “excepcionais” por entender esta eventualidade xa non queda recollida na segunda proposta.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web