Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

AFONDA O DIFERENCIAL CON ESPAÑA NA COTIZACIÓN DO LEITE

Galicia perde a decembro un 0,62%, no resto do Estado sube un 0,58%

~~O diferencial na cotización do prezo do leite en Galicia respecto do que se paga no resto do Estado amplíase mes a mes. Dos datos que presenta o FEGA respecto das liquidacións no mes de decembro, despréndese que os gandeiros galegos cobraron de media 31,9 cts/l. mentres que os das demais  zonas de produción españolas liquidaron as ventas a 34,4 cts/l. Sumado a esta caída que mantén a Galicia no último posto, resulta máis grave aínda a tendencia xa que mentres as nosas explotacións seguen caendo un 0,62% en decembro no resto do Estado subiron 0,58%.

Unións Agrarias acusa directamente a falta de iniciativa política do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para afrontar unha revisión do chamado Paquete Lácteo que impida que os produtores lácteos de Galicia se estrelaban contra “o muro do non” que industrias e distribución levantaron grazas a falta da citada reforma que equilibre as forzas a hora de trabar unha negociación real. Deste xeito non é casual que o castigo á principal zona produtora de leite de España por parte das multinacionais xa que co aforran en Galicia xa arraxan a conta de resultados.

Desde o sindicato pregúntanse cando ten previsto reunirse coas organizacións de produtores o director xeneral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio, Fernando Miranda, que maña visita Lalín, posto que esta situación de colapso económico na que van a entrar moitas das explotación así o merecería. Tamén desde a organización agraria se cuestiona a falta de actuación do Goberno diante das fraudulentas retencións por supertaxa que empresas como Río e Lactalis están practicando aos gandeiros a pesar de non estar activado desde o FEGA o decreto que lle dea cobertura legal.

UUAA insiste, e así o ven transmitindo aos diferentes grupos parlamentarios galegos cos que se leva reunido nas últimas semanas, que en 60 días o fin das cotas van a marcar un antes e un despois no mercado do leite. Neste novo horizonte resulta vital para a supervivencia do sector a figura do mediador, como garante dunha comercialización en equilibrio na que elementos como a estabilidade nos volumes de entrega, a garantía de recollida e os contratos de longa duración, sexan unha realidade.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web