Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

A DISTRIBUCIÓN NON DEBE QUEDAR AO MARXE NA MULTA DA CNMC

Competencia non pode obviar que son os principais responsables desta trama

~~O sindicato Unións Agrarias, logo de coñecer a Proposta de Resolución que se estipula que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia prepara para sancionar as malas prácticas na comercialización no sector lácteo por parte das industrias, reclama que se actúe contra tamén contra distribución por ser verdadeiro elemento corruptor da cadea de valor do leite, ao modificar de xeito unilateral a operativa no mercado lácteo.

Así, tanto o uso do leite como produto reclamo documentado en numerosas ocasións por UUAA, como a venta a perdas que permite que o mercado español se converta no sumidoiro dos excedentes de leite e derivados producidos en Alemaña e Francia, son mecanismos cos que a distribución adultera as regras de xogo no mercado español. Este cartel prima así mesmo, as marcas brancas sobre as de fabricante nos prezos que aplica nos lineais das súas grandes superficies. Unha acción que  supón a coartada perfecta para que as industrias repercutan nos produtores as caídas de rendibilidade.  UUAA entende que esta política comercial está a ser utilizada para alterar o marcado nacional, e incluso que poideran estar utilizándose derivados lácteos non permitidos.

O sindicato considera que a CNMC preferiu aplicar unha sanción ás industrias para resolver a balanza do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro a permitir a terminación do expediente cun compromiso das industrias de erradicación. Neste sentido, tivera sido máis positivo para o sector lácteo a aplicación do mecanismo coñecido como "Terminación convencional" establecido na Lei de defensa da competencia. Esta fórmula permitía que a CNMC resolvera poñer fin ao procedemento sancionador facendo vinculantes uns compromisos ofrecidos voluntariamente polo presunto infractor, sen necesidade de que se produza unha declaración sobre a acreditación da infracción, nin conseguintemente, se impoña unha sanción.

Por outra parte, desde a organización agraria esíxese a CNMC que se preste especial atención para que as firmas sancionadas non sucumban á tentación de liquidar o importe da mesma a través de descontos no prezo en orixe do leite. Neste sentido, Roberto García, secretario xeral de UU.AA., manifesta que “non hai escusa para que non se active dunha vez o papel do mediador como árbitro en caso de non entendemento entre a industria e os produtores, para que se emita un ditame que fixará os prezos do leite tendo en conta criterios e parámetros obxectivos, co que se lle garante ao gandeiro que estean cubertos os custos de produción”.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web