Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA ESIXE A MEDIO RURAL QUE POÑA FIN AS COACCIÓNS DAS INDUSTRIAS SOBRE OS GANDEIROS

Roberto García reclamou por carta a Quintana o fin destas pácticas

~~O secretario xeral de Unións Agrarias solicitoulle por carta unha reunión urxente de todo o sector lácteo a conselleira do Mar e  Medio Rural, Rosa Quintana, para atallar as coaccións e abusos das industrias respectos dos gandeiros.Na comunicación informábase a titular da Consellería que pola  información que está a chegar por parte dos produtores, son moitas as industrias que están estendendo unha “campaña do medo” no campo mediante a cal, se está obrigando a os gandeiros a asinar contratos en condicións de ruína coa ameaza de deixarlle sen recollida.

Para poder facer esta chantaxe as empresas ampáranse nunha lectura retorcida da nova norma que regula o Paquete Lácteo o que supón, ademais dunha condena para moitas explotacións, unha desautorización das actuacións políticas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia. Moitos contratos de compravenda de leite entre gandeiros e industrias finalizan mañá, 31 de marzo. Dado que o decreto lácteo establece como obrigatoria a sinatura de contratos, a industria pretende anular a negociación para que nas explotacións se asinen nese mesmo momento, sen oferta previa, sen negociación e baixo unhas condicións totalmente abusivas.

Desde UUAA recálcase que os produtores galegos están dispostos a mirar cara o futuro con lealdade a reforma do Paquete Lácteo, pero sempre que esa vontade de respecto sexa extensivo a todos. Neste punto insístese na necesidade de convocar de maneira inmediata ao conxunto do sector para analizar esta situación e poñer fin a estas prácticas de todo punto inaceptables.

ULEGA e UUAA trasladáronlle a Medio Rural as dificultades de comezar a campaña láctea o vindeiro 1 de abril nas condicións de inseguridade administrativa na que se atopan os produtores. Logo do retraso provocado polo Ministerio de Agricultura na posta en marcha da reforma do Paquete Lácteo a día de hoxe non queda marxe de manobra para abrir unha negociación con garantías coas industrias por parte dos gandeiros para poder pechar acordos viables e estables para toda a campaña. Por todo iso reclámase un mes de moratoria para evitar os abusos das industrias.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web