Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

UUAA DENUNCIA EXTORSIÓNS SOBRE 500 GRANXAS VILALBESAS

As industrias alteran as recollidas de leite para dar a idea de saturación

~~Unións Agrarias denuncia un paso máis das industrias na súa campaña do medo entre os produtores lácteos. Nesta ocasión afecta a preto de 500 explotacións gandeiras radicadas na comarca da Terra Cha. Polas denuncias que os titulares de explotacións están trasladando as oficinas de UUAA, as ameazas por parte dunha empresa de cortar a recollida de leite están centradas en dúas cooperativas da zona, pero tamén se pode estender unha terceira cooperativa.

Con esta iniciativa as plantas envasadoras queren trasladar a idea de que sobra leite no mercado como un mecanismo de abaratamento do prezo en orixe. Unhas prácticas ilegais e inmorais xa denunciadas en multitude de ocasións pola organización agraria que supoñen un lastre para a viabilidade das explotacións posto que a inestabilidade no prezo a cobrar, agora os produtores deben sumar a inseguridade no volume de leite recollido.

Para pechar o círculo da extorsión practicado polas industrias sobre as granxas, moitas fábricas están referenciando o prezo do leite que pagan en orixe, ao pagado polo leite en po e manteiga como se o destino do mesmo fora ese uso industrial, algo completamente falso. O sindicato Unións Agrarias, reclama unha investigación inmediata por parte da Consellería do Medio Rural e do Ministerio de Agricultura sobre o volume e destino do leite que as industrias din que mandan a torres de secado, un feito altamente improbable posto que non existe saturación nas canles comerciais, que sería o único que o explicase.        

O sindicato reitera a falta de vontade política do presidente Feijoo e a conselleira Quintana ao non querer reunirse coas OP para poñer fin as imposicións ilegais das industrias sobre os gandeiros. Para a Unións Agrarias sempre lle pareceu un “canto a Cartaxena” que tal como se recolle na última redacción do Paquete Lácteo, a negociación dos contratos lácteos non tiveran elementos normativos –a figura do mediador- que contrapesasen o grande poder transnacional do que dispoñen as empresas transformadoras e distribuidoras para obrigar a asinar aos gandeiros contratos leoninos baixo a ameza de deixarlle o leite sen recoller.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web