Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Leite

ESTE LUNS ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA AS EXPLOTACIÓNS DE LEITE

Nunha reunión celebrada hoxe no Ministerio informáronnos sobre o sistema de reparto das axudas para as explotacións leiteiras.
Os 20 millóns de euros do Ministerio e o sobre de 25,56 millóns de euros da Unión Europea serán repartidos a través de dúas axudas.

Axuda básica

- Beneficiarios: Todas as explotacións

- Importe: 1 céntimo por litro entregado de abril a xullo

- Límite por explotación: 50.000€

- Prazo de solicitude: Non hai que facer solicitude           

- Data de cobro: Decembro

- Orzamento: 25,5 millóns de €

 

Axuda complementaria

- Beneficiarios: Explotacións que de abril a xullo cobraron en cada liquidación menos de 28,5 (prezo final sen IVE)

- Importe: Os que cobraron menos de:

- 25,9: Ata 300€/vaca

- 28,5: Ata 110€/vaca

(As vacas foron contadas a 1 de outubro)

- Límite por explotación: 10.000€

- Prazo de solicitude: 10 días hábiles a partir do luns 19 de outubro a través da sede electrónica do Ministerio

- Data de cobro: Finais de novembro

- Orzamento: 20 millóns de €

- Observacións: Minimis (limita a 15.000€ en 3 anos)

 

Como o prazo de solicitude da axuda complementaria é moi breve recomendamos aos gandeiros que acudan á súa oficina comarcal de Unións Agrarias – UPA coa seguinte documentación:

  • Contrasinal para acceder á oficina agraria virtual (para obter o crotal dun animal da súa explotación e da nai dese animal, que son os datos necesarios para poder acceder á tramitación telemática na web do Ministerio e o censo a 1 de outubro para saber o número de vacas que teñen dereito á axuda)
  • Liquidacións do leite de abril a xullo de 2015.
  • Número de conta onde se quere domiciliar o pago
  • Relación de axudas de minimis que percibiu entre 2013 e 2015.




Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web