Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Carne

OS GANADEIROS RECURREN A AXUDA DE RAZAS AUTÓCTONAS

Unións Agrarias reuniuse onte con Medio Rural para reclamar máis fondos

~~O secretario Xeral de UUAA, Roberto García vén de reunirse onte coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana para trasladarlle o malestar dos gandeiros ante o reparto das axudas das Razas Autóctonas. Neste sentido o sindicato fixo un chamamento aos afectados por estas subvencións, que son a metade dos de Lugo, para reclamar unha revisión do proceso de adxudicación, así como unha maior dotación de fondos.

No último reparto de axudas, a Xunta rexeitou o 85% das solicitudes por falta de fondos. Repartiu preto de 600.000 euros, fronte ós máis de 1,7 millóns da primeira convocatoria, en 2008. Para Unións Agrarias cos criterios de reparto establecidos pola Xunta serían necesarios moitos máis fondos para cubrir as necesidades dos gandeiros que teñen apostado pola cría de razas autóctonas.

O secretario de Agricultura e Gandería Extensiva de UUAA, Xosé Ramón González denunciou que os gandeiros que compraron reses de razas autóctonas, comprometéronse a traballar dunha determinada maneira e formáronse. Pero agora Xunta incumpre o pactado, establecendo criterios de reparto de forma unilateral e reducindo os fondos, de maneira que non cobran todos os que cumpren os requisitos.

Xosé Ramón González, apunta que estas axudas son fundamentais para explotacións familiares en extensivo, afogadas pola suba do penso, do gasóleo e os recortes da PAC. Desde UUAA advírtese que os gandeiros non recibirán comunicación individual do rexeitamento das súas solicitudes o que suporá que para cando queiran recorrer xa será tarde. Nesta campaña  se presentaron 1.064 solicitudes e foron denegadas 906, cando 683 cumprían os requisitos establecidos na convocatoria.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web