Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Carne

A XUNTA ESQUECESE DA PROTECCIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS

UUAA denuncia o reparto inxustificado das axudas e o pobre orzamento

~~A Consellería de Medio Rural parece querer desentenderse da protección das razas autóctonas de Galicia, recortando a niveis insostibles o orzamento que destina as axudas e aplicando un sistema de reparto totalmente inxustificado.
Esta realidade queda as claras coa publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia do anuncio polo que se anuncia o nova adxudicación das axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos. Se no último reparto de axudas a Xunta rexeitou o 85% das solicitudes por falta de fondos agora, despois do esforzo anunciado pola Consellería,  situouse nun 74,70% destinando o mesmo orzamento que na primeira convocatoria, preto de 600.000 euros, fronte ós máis de 1,7 millóns da primeira convocatoria, en 2008.
Para Unións Agrarias cos criterios de reparto establecidos pola Xunta son agora se cabe máis caótico. Nesta nova proposta de adxudicación aceptaron 213 solicitudes (que obtiveron unha puntuación de entre 16 e 21 puntos) e denegaron por falta de crédito 629 solicitudes (puntuadas entre 8 e 16 puntos, o 27,98% delas con 16 puntos). É dicir, o 25,30% dos expedientes que cumprían os requisitos foron aceptados e o 74,70% non. Hai solicitudes que antes foron desestimadas e agora aceptadas e hai solicitudes que na anterior adxudicación recibiron un importe que agora é rebaixado considerablemente.

O secretario de Agricultura e Gandería Extensiva de UUAA, Xosé Ramón González denuncia o crédito insuficiente desta medida, e solicita unha tarifa plana entre os que cumpren os requisitos, cualificando de discriminatorio a situación dos 176 expedientes desestimados cunha puntuación de 16 puntos. Do mesmo xeito desde UUAA lémbrase que os gandeiros que compraron reses de razas autóctonas, comprometéronse a traballar dunha determinada maneira e formáronse. Pero agora Xunta incumpre o pactado, establecendo criterios de reparto de forma unilateral e reducindo os fondos, de maneira que non cobran todos os que cumpren os requisitos.

Xosé Ramón González, apunta que estas axudas son fundamentais para explotacións familiares en extensivo, afogadas pola suba do penso, do gasóleo e os recortes da PAC. Desde UUAA advírtese que os gandeiros non recibirán comunicación individual do rexeitamento das súas solicitudes o que suporá que para cando queiran recorrer xa será tarde. Nesta campaña  se presentaron 1.064 solicitudes e foron denegadas 906, cando 683 cumprían os requisitos establecidos na convocatoria.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web