Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Carne

UUAA PIDE SOLUCIÓNS PARA O GANDO EN ZONAS QUEIMADAS

Ven de solicitar unha reunión urxente coa delegado da Xunta en Ourense

~~O sindicato Unións Agrarias vén de solicitar unha reunión urxente co delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, ante a vaga de denuncias referidas ao pastoreo en zonas queimadas que están a sufrir os gandeiros das localidades de Sandín, Madalena e San Cristobo, no concello de Monterrei. Neste sentido, nas últimas semanas foron varias as explotacións afectadas polo acoso diario das patrullas da Policía Autonómica que provocaron que máis de 1.000 cabezas de gando ovino e 100 de vacún non teñan onde pastar neste momento.

Hai que lembrar que a superficie de monte da que se priva agora aos gandeiros, ardeu o pasado 24 de agosto. Aquel incendio iniciarase noutra localidade que se atopa a 10 km e tomou unha grande dimensión, en parte porque os medios tardaron 7 horas en chegar (desde as 11 da maña que os avisaron os veciños ata as 6 da tarde). A localidade de Sandín quedou rodeada polo lume, a escasos metros das casas, co que aplicando a nova lei o gando non pode saír nin entrar nos establos.

A aprobación no seu día no Consello da Xunta do Decreto de aproveitamentos forestais que prohibe o pastoreo durante dous anos nas zonas queimadas, permite estes disparates que ademais de impedir o traballo dos gandeiros malgasta recursos policiais que son moi necesarios para atallar a vaga de roubos que atemoriza o rural galego. Desde o sindicato, reclamase que se modifique esta norma que criminaliza aos produtores é ademais supón un castigo inxusto xa que a actividade gandeira que nas zonas de montañas e desfavorecidas supón en moitas ocasión a única posibilidade de xerar ingresos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web