Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Carne

A Xunta segue sen definir un modelo que permita ao lobo convivir cos gandeiros na montaña lucense

Ante o aumento dos danos ás explotacións e os retrasos nas indemnizacións

~~Unións Agrarias está a recoller as queixas dos seus afiliados polos ataques do lobo na comarca de Ancares, gandeiros que están ao límite da paciencia ao constatar como son cada vez máis frecuentes os danos do lobo, e como as indemnizacións da Xunta se están a cobrar no mellor dos casos, ata con dous anos de retraso.

Os últimos ataques nas Parroquias de Ardevila e Donis en Cervantes que supuxeron a perda de dous becerros, súmanse a outros rexistrados na comarca nas ultimas semanas que deixa un total de 8 becerros mortos o longo do pasado mes de agosto, e muitos mas dende principios de ano, tanto gando vacún como numerosas cabezas de equino, e un gran número de animais feridos que precisaron ser atendidos polos veterinarios. Ainda que o maior numero de  ataques ao gando se concentran nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna está constatada a presenza do lobo en todos os concellos da comarca.

O fracaso da xestión dos danos do lobo por parte da Xunta de Galicia que se ve incapaz de controlar as poboacións con criterios técnicos e cientificos, é máis notable si se ten en conta que a maior parte destes ataques se están a producir en zonas protexidas e terreos da Rede Natura, onde a dilixencia da administración tiña que ser exemplar para garantir a convivencia da gandeiría e as poboacións da fauna salvaxe.

En canto ao retraso no pago das indemnizacións, o sindicato denuncia que o principal motivo están a ser os continuos recortes que se están a producir nos orzamentos destiñados ao pago dos danos da fauna salvaxe, que levou os fondos dende case 250.000 euros anuais hai apenas 5 anos, aos actuais 105.000 euros para toda Galicia, nos orzamentos da Xunta deste ano, cando a media de ataques denunciados ven sendo de casi 600 ao ano, afectando a preto de 1.400 reses, entre gando ovino, vacún e equino. Estes recortes son a razón de que os fondos dos anos 2013 e 2014 se estean a emplear todavía para facer os pagos dos danos do ano 2012, o que supón para os afectados un retraso acumulado de ata dous anos no cobro das súas indemnizacións.

Igualmente se constata que as axudas a medidas preventivas son insuficientes, pois apenas se destiñan 30.000 euros ao ano para o conxunto dos gandeiros e explotacións de Galicia.

Unións Agrarias solicitará nos próximos días unha reunión de traballo coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a fin de abordar a problemática dos danos do lobo e demandará unha maior dotación orzamentaria para o pago dos danos e unha xestión máis áxil do cobro, de forma que non pasen máis de tres meses entre a denuncia do ataque, o informe técnico e de peritaxe dos danos e o cobro da indemnización polo gandeiro afectado.

Asemade demandará un trato preferente ás explotacións que se atopan en Rede Natura e outros espazos naturais protexidos, onde as explotacións son parte fundamental da conservación da biodiversidade e da protección contra os incendios forestais, xa que prados e pastizais fan as funcións de cortalumes naturais que rompen a continuidade do combustible forestal, e dificultando así a aparición e propagación dos lumes nos espazos protexidos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web