Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Gandería Vacún Carne

UUAA PIDE SENTIDO COMÚN AO FOGGA PARA COS GANDEIROS

Ante a vaga de solicitudes de reintegro da Xunta no cobro da PAC

~~O sindicato Unións Agrarias vén de enviar unha comunicación ao Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) solicitando unha reunión para coñecer o motivo da vaga de solicitudes de reintegro de axudas da PAC que nestes días están recibindo moitos perceptores galegos.

Nas cartas que están chegando as explotacións faise unha revisión con carácter retroactivo de ata catro anos dos fondos comunitarios percibidos e comunícase a esixencia da devolución de importantes cantidades que poden chegar ata os 40.000 euros.

Desde o sindicato non se entende o porqué de este afán recadador xa que nas inspeccións de campo que fixeron os técnicos da Consellería de Medio Rural non lles comunicaron aos produtores ningunha incidencia.

UUAA lémbralle a Xunta de Galicia que o total despropósito que supón esixir o pagamento destas cantidades as explotacións dada a situación de entrada en perdas nas que atopan pola falta caída de prezos no leite e a suba dos custes de produción.

A organización agraria pide a Medio Rural que empregue o mesmo empeño en impulsar a reforma do paquete lácteo que en privar aos gandeiros duns fondos comunitarios dos que neste momento non poden prescindir.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web