Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Pataca

UUAA ALERTA DA SITUACIÓN LÍMITE DOS PATAQUEIROS DA LIMIA

As fortes choivas e os baixos prezos poñen en risco case 2.000 empregos

~~Os produtores de pataca da comarca de A Limia está a sufrir unha situación límite na viabilidade das súas explotacións. Os baixos prezos que está pagando os almacenistas, que apenas chegan a 5 céntimos por quilo, leva a poñer en risco de desaparición os 2.000 empregos que xera este sector. Xa que cada explotación ten uns custes de produción, sen contar salarios, que xiran arredor dos 12 céntimos por quilo de pataca sumando abonos, semente, rega, tratamentos, etc.

Nestes momentos a práctica totalidade da produción -135 millóns de quilos- se atopa sen contrato de compravenda, en contra do que dita a Lei da Cadea Alimentaria que impide a comercialización senón existe un acordo por escrito e que ademais sitúa o prazo de pagamento nun máximo de trinta días. A realidade dos pataqueiros da Limia e que se ven obrigados a vender sen coñecer o prezo e cun período de devolución do produto, se este bota a perder, de 60 días. 

A este complexo marco súmaselle as fortes e reiteradas choivas en plena colleita de patacas na comarca da Limia está provocar que se atopen sen recoller máis do 30% da produción o que supón máis de 40 millóns de quilos.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web