Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Viño

UUAA DEFENDE O FACTOR SOCIAL DO VIÑO E PIDE QUE NON SE EQUIPARE AO RESTO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS

A organización agraria UUAA amosou o seu rexeitamento ao anteproxecto de lei sobre consumo de bebidas alcohólicas que prepara o Goberno, polos ‘graves efectos’ que acarrearían para os viticultores galegos. O Goberno pretende equiparar o viño aos alcohois duros e establecer un forte réxime de prohibicións que a xuízo dos agricultores ‘non ten sentido’.

~~UUAA manifestouse en contra das propostas do Goberno para reducir o consumo de bebidas alcohólicas entre os menores. A organización traslada a través do seu Secretario de Agricultura, Xosé Ramón González, que lonxe de solucionar o problema do alcoholismo entre os máis novos, as medidas plantexadas poderían ‘dar a puntilla’ aos agricultores e bodegueiros galegos, inmersos nunha grave crise dende hai anos.
Os estudos demostran que o aumento do consumo de alcohol entre os novos evolucionou de xeito inverso á inxesta de viño. Nos últimos 30 anos, o consumo de viño descendeu un 40% en España, mentres que o de bebidas alcohólicas entre menores aumentou. Para os agricultores, esta norma ‘cébase co máis débil’ e ‘demoniza’ un sector que ‘non é en absoluto culpable do consumo abusivo de alcohol entre novos’.
González subscribe que o anteproxecto de lei que manexa o Goberno, pon trabas á promoción do viño en calquera tipo de medio de comunicación e segundo o sector, provocará un descenso aínda máis grave do consumo, tamén entre os adultos. O sector leva anos inmerso en programas de promoción do consumo responsable, ‘proxectos que quedarían en papel mollado en caso de aprobarse estas medidas’.
En España, o consumo de viño está regulado dende 2003 pola Ley de la Viña y el Vino. Nela, defínese ao viño como un alimento e se recoñece a posibilidade de promocionar o consumo moderado no ámbito da dieta mediterránea, algo que agora se pretende prohibir. UUAA considera unha ‘incongruencia’ do Partido Popular ‘prexudicar ao sector cando son de sobra coñecidas as manifestacións a favor do viño de moitos dos seus dirixentes’.
UUAA pedirá ás ministras de Sanidad e de Agricultura que se poñan de acordo e artellen medidas que eviten o consumo de alcohol e drogas entre os menos e ‘non destrúan un sector tan importante para Galicia e España coma o do viño’, que forma parte da cultura de todas as rexións do país e do que viven de forma directa decenas de miles de familias de agricultores e bodegueiros.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web