Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Viño

OS VITICULTORES FIXAN OS CUSTES EN 1,10-1,25 EUROS KILO

En resposta ao acordo coa Xunta de non permitir a venta a perda da uva

~~As organizacións agrarias Sindicato Labrego Galego, Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias, acordaron na mesa de traballo conxunta fixar os custes de produción nas explotacións da Denominación de Orixe Rías Baixas nunha franxa que vai de 1.10 euros a 1.25 euros por quilo de uva, dependendo da morfoloxía da explotación, as amortizacións ou o modelo de traballo.

Con este acordo se dá resposta a proposta acordada nunha reunión co secretario xeral de Agricultura, Tomás Fernández Couto a pasada semana para evitar que os produtores teñan que vender a perdas a súa produción. No citado encontro o representante da Xunta manifestou o seu compromiso, en traballar fortemente polo sector, establecendo dende principios do ano que ven, un marco regular e de traballo con todos os axentes do sector que permita definir o futuro que debe seguir este sector tan importante nas comarcas que abarca a DO Rías Baixas, e ao mesmo tempo, compromiso de definir un estudo de custes de produción pormenorizado que sexa referente para a totalidade da cadea alimentaria.

Tal como se acordou no encontro entre os produtores, as adegas e o representante da Consellería de Medio Rural é imprescindible a aplicación da normativa que establece a Lei da Cadea Alimentaria en tanto que impide a venta de uva sen contrato homologado, algo que neste momento dista moito ser unha realidade para os viticultores de Rías Baixas. Desde as organizacións agrarias lémbrase que a viabilidade do modelo de produción na denominación de orixe depende totalmente da estabilidade económica das explotacións e das garantías xurídicas que protexan a comercialización da produción. A imaxe e o posicionamento da D.O. débese ao bo traballo conxunto de tódolos elos da cadea. Unha cadea que debe representar ao equilibro na rendibilidade tanto para as adegas como para os viticultores e nas garantías de cobro da produción.   





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web