Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Desenvolvemento rural Eólicos

A REFORMA ENERXÉTICA DO GOBERNO, NOVO VARAPAU CONTRA O SECTOR PRIMARIO E A CREACIÓN DE EMPREGO NO RURAL GALEGO

Enterra o concurso eólico e a coxeración das industrias agroalimentarias e forestais

~~Unións Agrarias rexeita frontalmente a proposta do Real Decreto de Reforma do Sector Eléctrico que prepara o Goberno, polo seu negativo impacto no rural galego, e na competitividade da industria agroalimentaria e forestal, das que dependen os postos de traballo da cadea de valor dos produtos agrogandeiros e forestais producidos no rural galego.

Os efectos da actual Reforma, súmanse ao impacto das medidas do Goberno de apenas hai un ano, o que enterra definitivamente as expectativas de desenvolvemento do sector eólico, que ve consolidado un marco regulatorio, que fará inviable a posta en marcha do último concurso eólico aprobado na anterior lexislatura do Goberno Feijoo.

A cancelación, ou paralización sine die dos parques eólicos aprobados no concurso, fará que os propietarios rurais, e Comunidades de Montes, deixen de percibir unhas rendas próximas aos 10 millóns de euros/ano en concepto de arrendamento dos solares eólicos. En canto aos parques actualmente existentes en Galicia, cuia viabilidade económica se atopa seriamente amenazada, as perdas de renta dos propietarios rurais e Comunidades de Montes, se aproximaría aos 12 millóns de euros/ano, no caso máis desfavorable.

A parte das rentas por alquiler dos propietarios e Comunidades de Montes, se supoñía que no rural se crearían  1.200 postos de traballo, e se invistirían alomenos 200 millóns de euros en iniciativas empresariais vencelladas aos sectores forestal e madeira, agroalimentario, biotecnoloxía e medio ambiente.

 A maiores a Reforma tal e como está formulada, consolida unha regulación que aboca ao peche as plantas de coxeneración eléctrica de moitas industrias galegas (produción de electricidade nas industrias, asociada á produción de calor para o proceso produtivo das fábricas), fará que aumenten os custes enerxéticos e perdan competitividade empresas dos sectores forestais (aserradeiros, fábricas de taboleiros, fábricas de pasta de papel), e agroalimentario (fábricas de envasado de leite, cooperativas lácteas, depuradoras de puríns de porcino e conserveiras).

Estas empresas tan importantes no rural galego, perderán competitividade e responderán repercutindo os custes en baixadas de prezos aos produtores, ou en axustes de plantillas, con despidos, ERES, baixadas de soldos ou precarización de contratos.

A tasa Soria do ano 2013 xa implicou unha baixada do prezo da madeira aos produtores de 1,5 euros/tonelada, que podería volver a baixar con este novo axuste nun abano de 6 a 10 euros tonelada. E a escalada de prezos da electricidade xa supuso unha suba do 80% da tarifa dos regantes nos últimos 6 anos, ademáis de comprometer os custes no sector porcino ao facer inviable as plantas de tratamento de puríns. E xerando un problema medioambiental. Igualmente non ten en conta as especificidades do sector agrario, consolidando a desaparición das tarifas diferenciadas para regantes.

UUAA rexeita frontalmente esta reforma enerxética antisocial, que castiga ao rural e ás empresas industriais agroalimentarias e forestais, fundamentais para a saída da crise e a creación de emprego en Galicia, co único fin de favorecer ao lobby de presión, e as prácticas abusivas das 5 grandes eléctricas que copan o 95% da produción eléctrica en España, e sobre quen non se fai recaer sacrificios nin axustes.
 





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web