Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Áreas horizontais Muller Rural

“OS MAIOS” LEVA A SEMANA VERDE UN LICOR DE GRELOS

~~Empregar un produto da terra e transformalo en algo novo. Esa é a aposta de Licores Os Maios que presentou na Feira Internacional de Galicia (Silleda) o licor de grelos. A bebida ten unha cor verde tenue e aromas herbáceos do grelo, que transportan os sentidos á Terra Cha e a todos os lugares de Galicia onde o home e a terra, son un. Deste xeito ademais desde Os Maios, apoian a todos os labregos galegos que colleitan toneladas de grelos, que xa non só se empregan para caldo ou lacón, agora tamén serven para desfrutar dun exquisito licor.

Desde a licorería lembran que en anos anteriores presentaron licores de uva treixadura ou de mencía, de soro de leite, de cogumelos Bolettus Edulis e Cantharellus cibarius, apoiando así aos produtores de Ribeiro e de leite e reivindicando a riqueza dos montes galegos, así como políticas que axuden a desenvolver as riquezas naturais que posúa a terra.

Licores os Maios, empresa dedicada a elaboración de licores artesanais de primeira calidade, de forma totalmente artesanal con materias primas naturais, sen aditivos nin conservantes situada no concello de Leiro (Ourense) e xestionada por dúas mulleres emprendedoras que no seu dia apostaron polo emprendemento no rural galego.

Vinculadas a Federación de Mulleres Rurais de Galicia, (Fademur) e Unións Agrarias teñen presenza na súa paxina web artemur.org  que comercializa unha grande variedade de produtos elaborados por mulleres que viven e traballan no rural, desde xoiería pasando por téxtil e sobre todo produtos agroalimentarios





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web