Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Áreas horizontais Muller Rural

FADEMUR XUNTA MAIS DE 250 MULLERES NO DÍA DA MULLER RURAL

A xornada puxo en valor o Rural como un viveiro de emprendemento feminino

~~O salón de actos da Escola de Maxisterio de Lugo acolleu a máis de 250 asistentas que participaron na xornada organizada pola Federación de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR, para celebrar o Día Internacional das Mulleres Rurais. O evento que tiña como obxectivo poñer en valor o papel das agricultoras e gandeiras que cada día dobran en moitas ocasións a xornada laboral para poder sacar a diante a súa explotación e o seu fogar.

A xornada contaba cun panel de presentación de experiencias de emprendedoras que atoparon no medio rural un nicho de emprego e mercado que deu un novo sentido a súa actividade laboral. Destacou a norueguesa Tania Lonning que desde o campo da medicina natural está acadando unha grande repercusión no seu entorno. Iniciativas galegas como a da firma Caurelor que dende hai anos está traballar con éxito no sector dos doces ecolóxicos elaborados en base a castaña. Tamén presentaron a súa empresas as mulleres que forman parte de Milhulloa, unha firma cuxos produtos teñen sona a nivel de todo o Estado pola revolución que supón a súa técnica de deshidratación e envasado de produtos tan galegos como os grelos. No campo do xoguetes e complementos feitos a man destaca Lucecus cuxa sona transcende a Galicia polo éxitos das bonecas de trapo.

No acto participou a presidenta do grupo de comunicación El Progreso, Blanca García Montenegro que puxo en valor a importancia de manter vivo económica, social e culturalmente vivo o interior de Galicia, nun momento no que a crise económica o golpea especialmente. Un ámbito no que se centrou especialmente a súa intervención a presidenta de FADEMUR, Rosa Arcos, quen fixo unha denuncia dos recortes en políticas sociais do Goberno de Feijoo. Para Rosa Arcos, resulta escandaloso e inmoral o continuo pecha de escolas e comedores no rural que provoca que cada ano sexan máis o nenos que teñen percorrer centos de quilómetros a semana para poder ir ao colexio. Do mesmo xeito a responsable de FADEMUR falou da dobre discriminación que sofren as mulleres do rural pola falta de servizos públicos de primeira necesidade en Sanidade, Depencia ou mesmo Transporte.

No acto de clausura, que estivo presidido polo presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, advertiu do grave risco que corre o mundo rural ante a caída de prezos que está sufrir o sector lácteo e a falta de pulso político dos gobernos Central e da Xunta de Galicia para reformar o Paquete lácteo e dotar aos gandeiros de ferramentas como contratos de longa duración que acaben coas prácticas abusivas de industrias e distribución.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web