Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Áreas horizontais Muller Rural

FADEMUR ABRE HOXE EN LUGO A SÚA VII FEIRA DA MULLER RURAL EMPRENDEDORA

A inauguración terá lugar as 17.00 h na Praza de San Marcos


~~Desde hoxe ata o 10 de marzo estarán abertas as portas, na Praza de San Marcos en Lugo da VII Feira de Mulleres Emprendedoras do Rural organizada por Fademur e a Deputación de Lugo, na que 15 expositoras ofreceran  á venda e mostrarán centos de produtos elaborados por elas. Durante cinco días, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20.30 horas ininterrumpidamente, na céntrica Praza de San Marcos poderánse mercar e visualizar variados artigos de artesanía e alimentación, como queixos, doces, viños, embutidos, licores, derivados de castañas; pezas de xoiaria, cestería, téxtil, decoración, coiro ou olería elaborados por mulleres emprendedoras do rural.

A economía  dos municipios rurais de Galicia depende en grande medida do sector agrario e gandeiro, pero tamén das oportunidades de emprego que saibamos encontrar para as mulleres que o habitan,  este é o traballo de Fademur potenciar as pequenas iniciativas de emprendemento de mulleres como son as cooperativas de traballo asociado a comercialización de produtos artesáns e as novas tecnoloxías

Dende Fademur as mulleres rurais reclaman medidas que axuden a superar a situación de desigualdade con apoios específicos para as traballadoras do sector agrario, incentivando as iniciativas emprendedoras, as cooperativas de traballo, a comercialización de produtos artesanais  a través das novas tecnoloxías. As mulleres rurais teñen que saír da invisibilidade e da economía informal e incorporarse ao mercado de traballo formal a través do apoio de todas as administracións e de todos os axentes que operan no desenvolvemento do territorio.

Fademur potencia a incorporación ao mercado de traballo de todas estas mulleres, pero este traballo non é posible sen a colaboración de tódalas administracións, xa que estamos asistindo a un continuo recorte das axudas sociais como son a privatización de escolas infantís, paralización da posta en funcionamento dos centros de día que estaban en proxecto e paralización das axudas da Lei de Dependencia con continuos atrancos administrativos para os solicitantes e cada inicio de curso facemos as mesmas reivindicacións por peche de escolas ou comedores escolares, estes recortes sociais afectan principalmente a mulleres do rural que dificilmente concilian a súa vida familiar e laboral e que tamén afectan ao seu acceso ao mercado de traballo.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web