Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Información Normativa e Axudas

NORMATIVA 2/11/2017

DOG  2 de novembro (208)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a garantir a subministración de auga ás explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2017. (Extracto)

MR405C

Prazo de solicitude: ata o 4 de decembro.

Prazo de resolución: ata o 20 de decembro.

Prazo de xustificación: ata o 30 de setembro de 2018.

Beneficiarias: explotacións das zonas declaradas de alerta ou de prealerta por seca no ano 2017 nas demarcacións hidrográficas de Galicia Costa, Miño-Sil e do Douro. Quedan excluídos os titulares de explotacións de autoconsumo ou sen actividade comercial.

(Medio rural informa de que estarían afectados todos os concellos de Galicia agás os da confederación hidrográfica do cantábrico que verten ao Eo e ao Navia)

Investimentos subvencionables:

a) Novas estruturas e mellora das estruturas existentes para o abastecemento de auga tales como balsas de almacenamento, bebedoiros, conducións para o seu abastecemento, sempre que non supoña unha nova captación de auga.

b) Equipamentos para a mellora do abastecemento de auga ás explotacións gandeiras, como cisternas móbiles ou bebedoiros móbiles.

c) En xeral, servizos de abastecemento de auga ás explotacións agrarias.

O importe da axuda será do 50 % dos custos subvencionables. O importe máximo da subvención por beneficiario non superará os 5.000 euros.

Está en Minimis, límite de 15.000 euros nun período de tres exercicios fiscais, o actual e os dous anteriores.

No caso de que o crédito dispoñible (925.000€) non sexa suficiente para facer fronte a todos os beneficiarios, procederase ao rateo.

 

Concesións.- Resolución do 25 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade á concesión, ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2017, das axudas da convocatoria do ano 2017 relativas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Axudas por xeadas e sarabias.- Resolución do 20 de outubro de 2017 pola que se adhiren dúas entidades financeiras ao convenio de colaboración para apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións produtoras e transformadoras de uva e de castañas afectadas polas xeadas e sarabias, e das explotacións produtoras de pataca, cereal, horta e froiteiras afectadas pola sarabia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. e Banco Pastor, S.A.U.

 

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 11 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola no lugar de Campo das Mámoas, concello do Saviñao, promovido por Avícola das Mámoas, S.C. (expediente 2017/0137).

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 17 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación de cría e ceba de pavos no lugar de Eirexafeita, concello do Saviñao, promovido por Agromuiño, S.C. (expediente 2017/0130).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Información pública.- Resolución do 4 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Santiago da Veiga, nos concellos de Láncara e Sarria (expediente 008/2016 AT).

 

BOP Lugo  2 de novembro (251)

BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) – DEPUTACIÓN

Erros Ben empregado IV.- Extracto da convocatoria corrección de erro nas bases da convocatoria do programa de fomento de emprego da provincia de Lugo, ben empregado IV. Identf. 362985.





Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web