Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Desenvolvemento rural Forestal

DENDE O MES DE AGOSTO XA ESTÁ EN VIGOR A LEI DE MONTES DE GALICIA

Regula o paso das fincas de uso agrario a forestal, e de forestal a agrario. O pastoreo no Monte, impide partillar fincas forestais inferiores a 30 ha, e fixa as distancias de plantación das árbores a fincas e vivendas


O día 18 de agosto entrou en vigor a Lei 7/2012 de Montes de Galicia, trala a súa aprobación no Parlamento de Galicia, cos únicos votos a favor do Partido Popular.


Finalmente a Lei non entrou a regular os Montes Veciñais en Man Común, que continuarán a rexirse pola vixente Lei 13/1989 de Montes Veciñais en Man Común. Non obstante si que  puntualmente modifica algúns aspectos do Monte Veciñal, como a obriga de reinvestir no monte o 40% de tódolos ingresos da Comunidade (tamén dos ingresos de alquileres, como parques eólicos) fronte ao anterior 15% . (Artigo 125). Tamén habilita un procedemento de revisión en cauce administrativo, das clasificacións de montes veciñais baixo determinadas circunstancias (Disposición Transitoria Décimo Terceira).


En canto ao cambio de uso das parcelas de uso a monte para uso agrario a Lei tenta favorecer a dispoñibilidade de terra para as explotacións. Así para superficies de ata 15 ha, a mato ou con acacias, non fai falta pedir autorización, bastando cunha comunicación á Xunta. Para roturar eucaliptais ou piñeirais, tamén  chega cunha simple comunicación si a superficie e menor de 5 ha, e autorización si a superficie é superior. Si as especies arbóreas son frondosas (carballos, castiñeiros…) teñen que ter menos de 10 anos, e si teñen máis xa faría falta autorización. (Artigo 61).


En canto ao proceso contrario, que é sacar terra da agricultura para pasala a forestal, a Lei non o pon fácil. Si teño unha parcela agraria, e a quero pasar a monte con árbores, tería que poñer a finca alomenos dous anos no Banco de Terras, e si nese plazo ningún agricultor ou gandeiro a solicita para alquilala, entón sí xa a podería plantar, pero únicamente con frondosas (carballos, castiñeiros, bidueiros…), pero non con piñeiros ou ecualiptos. É dicir que dende agora non vai ser posible en ningún caso pasar fincas de uso agrario a piñeiros ou eucaliptos, únicamente a frondosas e sempre que a finca pasara antes por dous anos polo Banco de Terras. (Artigo 61).


En canto ao gando ilegal, ou sin identificar, ou que deambule polo monte sen dono, e faga danos nas fincas de particulares ou Comunidades de Montes, a obriga da súa retirada será do Concello, pero a diferencia de antes, agora o Concello non terá que estabulalo durante 15 días, senón que poderá dispoñer del inmediatamente, para subastalo ou ordenar o seu sacrificio. No caso de montes que sexan xestionados pola Xunta (con consorcios, convenios, ou contratos de xestión pública), é a propia Xunta de Galicia quen tería a obriga de retirar o gando. (Artigo 86).


A Lei contén a prohibición de segregar ou dividir parcelas forestais cando queden pezas menores de 15 ha, salvo que a parte segregada se incorporase a outra finca estremeira (Art. 69).


Mantense a prohibición de pastorear as parcelas de monte queimado durante alomenos 2 anos tralo lume (modificación do Artigo 43 da Lei 3/2007 de prevención de incendios de Galicia na Disposición Derrogatoria Única).


En canto as distancias de plantación, son moi similares as da Lei de Prevención de Incendios do ano 2007, sendo cecais o máis significativo a redución das distancias de plantacións dos eucaliptos as casas, dende os 50 m que marcaba a Lei de Prevención de Incendios, ata os 30 m que marca agora a Lei de Montes. (Anexo II).


Dase un prazo de dous anos para adaptar as repoboacións ás distancias que marca a Lei (Disposición Transitoria Décima), poidendo considerarse o non facelo “Falta Grave” (Art. 128), con hasta 1.000 euros de multa.



Distancias minimas de novas plantacions forestais

Resumen distancias de plantacions forestais



Volver

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web