Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


12/05/2015

UUAA DETECTA 1.100 CONTRATOS LÁCTEOS FRAUDULENTOS
Foron remitidos ao Ministerio de Agricultura para a súa total anulación

~~Unións Agrarias vén de remitir na mañá de hoxe ao Ministerio de Agricultura, para a súa anulación e reubicación a prezo de mercado en industrias transformadoras, un total de 1.100 contratos lácteos fraudulentos polas imposicións en prezo e volumes de recollida que determinados primeiros compradores pretendían trasladar aos  produtores.

Nos documentos referidos cifrábanse ofertas por parte dos primeiros compradores fora de prezo de mercado nun abano que vai dos 18 aos 25 cts/l. Do meso xeito, acompañouse á citada documentación, liquidacións de venda nas que se penalizaba de xeito totalmente ilegal, as granxas que decidiran cambiar de empresa.

A organización agraria, tal como se comprometeu co secretario xeral de Agricultura do Ministerio, Carlos Cabanas, está realizando un esforzo de control e vixilancia para localizar as focos e as prácticas abusivas coa confianza de que por parte da Administración pública se actúe de modo contundente e se anulen os “contratos lixo” que os gandeiros se ven obrigados a asinar polas presións industriais e se proceda a recolocalos tal como se comprometeu o responsable ministerial.

Unións Agrarias fai un chamamento aos produtores lácteos para que fagan chegar as oficinas do sindicato, ou ben a Secretaría Xeral do Ministerio de Agricultura, todos aqueles contratos abusivos para poder actuar contra os seus promotores. 

Neste sentido, os produtores lácteos valoran positivamente o acordo acadado entre a industria láctea e o Ministerio de Agricultura para garantir la recollida do leite nas explotacións, segundo recolle onte un medio de comunicación de tirada nacional.

UUAA espera que a realidade que esconda este anuncio sexa a vontade de atopar unha saída a unha situación que ameaza con liquidar a grande parte da gandeiría de leite. Para o sindicato, sería moi decepcionante que so respondese a un intento de reconducir o malestar reinante no rural ata pasar os comicios municipais.

A organización agraria confía en que na próxima reunión sectorial fixada para o 19 de maio, sexa aproveitada polo Ministerio de Agricultura para facer públicos os termos concretos do citado acordo (prezo, volumes, datas de aplicación, e recolocación de explotacións que sufran “contratos lixo”).





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web