Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


31/08/2017

CONCENTRACIÓNS DE PRODUTORES NAS OFICINAS AGRARIAS DE VIANA E A GUDIÑA PARA SOLICITAR AXUDAS POLAS PERDAS
UUAA enviou desde maio cinco solicitudes de reunión con Medio Rural

Viana/ A Gudiña 31 Agosto de 2017.- Centos de gandeiros rexistraron escritos nas oficinas agrarias da Consellería do Medio Rural en Viana do Bolo e A Gudiña, para solicitar axudas polos danos da seca nas súas explotacións.

Os produtores acordaron manter de xeito semanal unha concentración ás portas das oficinas agrarias todos os xoves ata ter unha resposta por parte da conselleira Ánxeles Vázquez, quén onte afirmaba descoñecer calquera solicitude de reunión por parte dos produtores, cando desde Unións Agrarias se lle teñen remitido cinco escritos neses sentido.

Para a organización agraria resulta completamente incompresible a falta de sensibilidade da Xunta de Galicia cos produtores dada a difícil situación económica que está a atravesar a provincia de Ourense e de xeito especial zonas tan sensibles demográficamente como o Macizo Central, onde as tres principais producións, castaña, gandería de carne e apicultura víronse tocadas este ano a consecuencia das xeadas e da forte seca.

Unións Agrarias advirte que no sector da castaña se perderon 1,5 millóns de kilos, o que ven a ser 1,5 millóns de euros, e isto provocará graves dificultades para moitas explotacións gandeiras, que teñen a este froito como un complemento de renda.

No caso da gandería extensiva o problema reside na falta de pasto e auga o que está a incrementar en mais de 2 euros por vaca e día os custes de produción. Unha situación que tamén se estende á apicultura, que neste ano non se agarda colleita senón que haberá que gastar diñeiro para alimentar as abellas.

Xosé Ramón González, responsable de Agricultura de UUAA. Tel 636 489 512

María Paez, responsable de UUAA en Viana do Bolo. Tel 646 180 155





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web