Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


04/09/2017

UUAA PIDE CONVOCAR XA UNHA MESA DE CRISIS CLIMÁTICA
Non entende que desde Medio Rural non se escoite aos produtores

Santiago 4 de setembro de 2017.- Unións Agrarias vén de rexistrar unha nova solicitude de reunión diante da Consellería do Medio Rural para poder coñecer os plans de continxencia que desde o departamento de Ángeles Vázquez se van a poñer en marcha para tratar de atallar a situación límite na que se atopan os produtores agrícolas e gandeiros, por mor das sucesivas crises climáticas que se están a rexistrar en Galicia desde o pasado mes de abril.


Para a organización resulta inexplicable que cando todos os expertos e institutos científicos coinciden en sinalar a este ano como un dos peores para a actividade do sector primario, a Xunta de Galicia teña pechada toda interlocución cos produtores nun afán de esconder a falta dunha resposta proporcionada e suficiente para tratar de salvar a forma de vida de moitas familias do medio rural. Unha realidade que contrasta coa actitude dos gobernos doutras comunidades, como Castela León, Rioxa, Castela a Mancha, etc, nos que se activaron mesas de crise pola seca desde hai meses.


UUAA vai a emprazar de inmediato as forzas políticas presentes no Parlamento galego, para trasladarlles a necesidade de artellar medidas lexislativas urxentes para evitar que comarcas enteiras da provincia de  Ourense e sur de Lugo se acaben de baleirar de poboación, ao terse convertidos pola seca e as xeadas en territorios incompatibles coa actividade agrogandeira sen un plan de rescate inmediato.


Desde o sindicato vaise iniciar unha campaña de mobilizacións, que partindo da zona cero das calamidades climáticas, o concello de Viana do Bolo, se vai ir estendendo por toda a Galicia rural, esquecida polo goberno galego pese a o presidente Feijoo afirmou na súa toma de posesión que esta sería a lexislatura do rural.

Voceiro: Xose Ramón González responsable de Agricultura de UUAA, 636 489 512   





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web