Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


15/09/2017

UNHA EXPLOTACIÓN DE SILLEDA ARRASADA TRAS UN ATAQUE DE XABARíN
Os danos, que alcanzan o 75% da colleita, colocan a granxa ao borde da creba

Silleda, 6 de setembro de 10.- Unións Agrarias ven asesorar á ganadería Grela, en Xestoso, (Silleda) a fin de que inicie os trámites para solicitar axudas tralos gravísimos danos que ven de sufir na tardenoite de onte. A explotación perdeu o 75% do cultivo de millo forraxeiro, o supón unha superficie de 30.000 metros cadrados –similar a casi 5 campos de futbol-, o que a sitúa o bordo da creba pola necesidade de recurrir ao pienso para a alimentación do gando.

Unións Agrarias espera dos cazadores da Sociedade de Silleda, un comportamento solidario e responsable, de forma que solicite da Xunta de Galicia de forma inmediata, medidas extraordinarias de caza por danos recollidas na  “Orde da Consellería do Medio Rural pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a tempada 2010-2011”, mediante a realización de ganchos, monterías ou esperas precisas para dar solución a este problema., ou en todo caso inicie de forma inmediata as batidas ordinarias da tempada de caza do xabarín que xa empezou oficialmente o pasado 29 de agosto.

O sindicato recomenda sempre a vía xudicial de reclamación de danos e perxuizos, en todos aqueles casos nos que Tecores e Sociedades de Cazadores, non atenden os requerimentos de caza por danos, feitos en tempo e forma, por parte dos agricultores e gandeiros. Nestes casos pon a súa disposición os servizos xurídicos do Sindicato. A documentación das solicitudes non atendidas, é aportada como proba de malas prácticas por parte dos responsables dos cotos, o que facilita a consecución de sentenzas condenatorias e facilita o pago dos danos aos agricultores e gandeiros perxudicados.

É de destacar que a explotación de xestoso tiña defendidos os cultivos con fios de pastor eléctrico e aramio de espiños, polo que que se ve que é inútil poñer cerrados e solo vale reducir as manadas dos xabaríns de ahí o papel importante dos cazadores. Igualmente é destacable, que ao igual que outras moitas explotacións gandeiras da provincia, está sin cobrar dende o ano pasado, a axuda de 1.500 euros da Xunta de Galicia, en concepto de pago parcial polos danos do xabarín. Exiximos da Xunta que habilite xa partidas presupuestarias, e despexe as dúbidas de si se van a cobrar ou non os danos de 2009 e 2010.





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web