Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


17/09/2017

UUAA PIDE A MEDIO RURAL MAIS APOIO E MENOS PROPAGANDA
Cobrar o leite a 29 cts é pasar da miseria a pobreza, non un plan de futuro

Santiago, 17 de setembro e 2017.- O sindicato Unións Agrarias lamenta as declaracións da Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, nas que se gababa de que o leite agora se estea pagando a 29 céntimos nas explotacións galegas. Un comparación que apoiaba nos 26 céntimos aos que cotizaba no ciclo mais baixo da campaña anterior na que se viviu unha das peores crises de prezos a nivel internacional.

Para a organización agraria resulta alarmante que desde a Xunta de Galicia non se teña en conta que o prezo do leite galego está a cola respecto das outras zonas produtoras de todo o estado (31cts en España). Unha realidade aínda mais grave se se ten en conta que España está a cola dos países produtores lácteos da Unión Europea a altura de Hungría ou Lituania, segundo as estatísticas oficiais.

A falta de control por parte das administracións e o incumprimento reiterado das normas máis elementais de comercio por parte das  industrias impiden que o prezo do leite evolucione en Galicia, en contraposición ao que ocorre no resto de Europa. Os gandeiros teñen denunciado que esta situación pon en perigo la viabilidade das explotacións lácteas, sen que desde o Ministerio nin a Xunta concreten unha norma que impida a constante imposición dunha maioría de contratos a prezo fixo, incluso en contratos de mediana e longa duración.

Finalmente desde UUAA destácase a total falta de atención para escoitar e diálogo por parte da Consellería cos representantes dos produtores, nin se convocou a Mesa do Leite nin o Comité de expertos do Plan Lácteo- igual que ocorre en sectores como o a viticultura, castaña, etc- nunha especie de negación continua dunha realidade que ten a economía do rural no bordo do desastre.





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web