Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


23/10/2017

UUAA DENUNCIA QUE CENTOS DE GRANXAS QUEDARON SEN PODER ACCEDER AS AXUDAS DOS PLANS DE MELLORA
A burocracia en Medio Rural e Medio Ambiente retrasou os expedientes

Santiago, 23 de outubro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias denuncia que centos de solicitudes de Plans de Mellora presentadas por explotacións quedarán sen axudas nesta convocatoria polos retrasos provocados na  tramitación nas consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente.

Desde o sindicato considérase que a vontade política de procurar un novo impulso para rural expresada no seu día polo presidente da Xunta, vaise ver moi minguada pola burocracia exasperante a hora de abordar os expedientes.

Unha realidade que se leva arrastrando desde hai moitos meses e que finalmente impideu a moito produtores concorrer as axudas  nin sequera establecer un calendario de obras razoable nas granxas.

Hai que ter en conta que moitos dos expedientes que non poderán entrar na liña de axudas, son de mozos que teñen solicitado a incorporación, polo que se pode dar o contrasentido de que haxa mozos aos que se lle aproba a incorporación pero non a posibilidade de mellorar a súa explotación.

A organización agraria denuncia que en moitas ocasións a norma de Medio Ambiente queda condicionada de xeito aleatorio pola interpretación dun funcionario que facendo unha lectura rigorista da  mesma pode prohibir as mesmas obras nunha granxa que permite facer noutra.

Finalmente UUAA tamén pide que se axilice a chegada dos fondos previstos da PAC as explotacións posto que desde o pasado día 16 xa se pode proceder a librar as axudas por parte da Xunta, nun momento de grandes perdas e dificultades no medio rural pola seca e as vagas de incendios.

Por outra banda UUAA espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web