Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


17/11/2017

UUAA MOBILÍZASE EN SANTIAGO CONTRA O ABANDONO DO RURAL POLO GOBERNO FEIJOO
A manifestación sairá ás 12.00 h da Alameda e rematará na Xunta

Santiago 17 de novembro de 2017.- Unións Agrarias convoca mañá unha gran manifestación en Santiago de Compostela para denunciar o abandono do rural por parte da Xunta de Galicia. Con esta mobilización o sindicato denuncia a colección de promesas falsas de axudas coas que o goberno de Feijoo trata de tapar a falta de sensibilidade cara os homes e mulleres que viven e traballan nas vilas e aldeas galegas. A marcha na que confluirán agricultores e gandeiros de todos os concellos galegos partirá da Alameda de Santiago ás 12.00 h percorrendo as rúas do centro da cidade para rematar diante da Consellería de Medio Rural.

Ás coñecidas carencias que sufre o interior de Galicia nos servizos básicos de transporte, sanidade ou educación, víronse agravadas polas duras situacións que se viviron nas explotacións agrogandeiras galegas no que vai de ano, a única resposta  por parte da Consellería de Medio Rural foi activar unha campaña de anuncios de axudas económicas a produtores afectados polas calamidades climatolóxicas ou polas vagas de incendios, que a hora da verdade resultan incobrables na súa grande medida, polo articulado que fixa a propia norma.

Así, anunciáronse un millón de euros para garantir o aprovisionamento de auga as explotacións. Uns fondos que non se poderán cobrar xa que a tramitación diante da demarcación hidrográfica correspondente supera o prazo dado pola Xunta para presentar a documentación. O mesmo ocorre coas anunciadas para cubrir os danos da xeada no viñedo que ían a estar dotadas de 11 millóns de euros na realidade a Xunta só destina 500.000 € para os viticultores que estean no réxime de autónomos, co que se exclúe ao restante 95%. Ou os 11 millóns para cubrir danos dos incendios que logo quedaron reducidos a só 1,5 millóns de Euros para o agro, o que non cubre nin sequera as perdas ocasionadas polos lumes nas forraxes.

CONVOCATORIA DE MEDIOS:

Lugar: Alameda de Santiago.

Día: 18 de Novembro.

Hora: 12.00 H.

Declaracións: Roberto García, secretario Xeral de UUAA.





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web