Unións Agrarias - Prevención Riscos Laborais

Descrición e Obxectivos

Tódolos traballos do sector agrario teñen riscos comúns independientemente da actividade concreta que se estea a realizar, pois a gran maioría de tarefas realízanse á intemperie ou incluso en instalacións que por diversas razóns están cubertas ou pechadas só parcialmente, sendo común a todas elas a climatoloxía extrema, o uso de ferramentas manuais ou o emprego de sustancias nocivas ou perigosas.

Os obxectivos das accións formativas de Unións Agrarias en materia de PRL son ofrecer ó agro galego información sobre os riscos e medidas preventivas referidas ás actividades agrícolas-gandeiras-forestais.

Como primeira aproximación ó sector e tendo en conta a profundidade do mesmo, dirixímonos á sensibilización do agro respecto dos riscos ós que están expostos.

© Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 uuaa.prl@unionsagrarias.org