Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Información Axudas

Axudas vixentes

Axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia



Prazo: Ata o 16 de maio.



Axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola



Prazo: Ata o 16 de maio.



Axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques



Prazo: Ata o 30 de abril.



Subvencións destinadas á obtención de avais de SAECA por titulares de explotacións agrarias afectadas pola seca en 2017.



Prazo: Ata o 4 de maio.



Axudas á apicultura.



Prazo: Ata o 23 de abril.



PAC 2018: pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.



Prazo: Ata o 30 de abril



Axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades.



Prazo: Ata o 30 de novembro.



Fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.



Prazo: Depende da data de alta na SS. Aberto ata o 31/07/18 para o Programa I e ata o 30/09/18 para o Programa II.



Promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo.



Prazo: Depende da data de alta na SS. Aberto ata o 30/09/18.



Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa APROL-Economía Social)



Prazo: Ata o 1 de outubro.



Subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago.



Prazo: Ata o 31 de outubro.



Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades.



Prazo: Ata o 30 de novembro.



Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo.



Prazo para a comunicación do dano: Dentro das 24 horas seguintes ao dano chamando ao 012 (72 horas no caso de explotacións semiextensivas ou extensivas)



Solicitude da axuda:



- Para os danos ocasionados a partir do 11/01/18: 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.



Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade.



Prazo: Ata o 15 de maio.



Subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da medida LEADER.



Prazo: Tramítase ante o GDR correspondente á localización do investimento. O prazo está aberto todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos pero concorrerán a unha primeira convocatoria as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018. Unha vez tidas en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de marzo de 2018 e unicamente no caso de existir crédito orzamentario dispoñible, poderá realizarse unha segunda convocatoria, tendo en conta as solicitudes presentadas ata o 31 de maio de 2018.



Axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)



Prazo: Aberto todo o ano.



Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.



Prazo: No momento de subscrición da póliza.



Máis información nas oficinas comarcais de Unións Agrarias.



 



PARA TRAMITAR ESTAS E OUTRAS AXUDAS PASATE POLA OFICINA DE UNIONS AGRARIAS-UPA MAIS CERCANA O TEU DOMICILIO



 






Volver





































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web