Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- A viticultura en loita pola supervivencia



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Agricultura Viño D.O. Valdeorras

UUAA solicita ao Consello a actualización do censo vitivinícola

O sindicato insiste na necesidade de transparencia para garantir o futuro da D.O.

~~Unións Agrarias vén de entregar no rexistro do Consello Regulador da D.O. Valdeorras un documento no que expón a necesidade de realizar un censo e control de todo o viñedo antes da vendima do 2014. Considérase polo tanto vital verificar que os viñedos inscritos cumpren co regulamento e prego de condicións para así identificar cales están inscritos na D.O. pero non cumpren ditas obrigas. Desde o sindicato, esíxese que se convoque un pleno extraordinario para a discusión e aprobación desta petición.

A elaboración e actualización do censo é unha reivindicación histórica de UUAA que ten como finalidade coñecer a realidade actual así como protexer a viticultores e bodegas dándolles confianza á hora de producir e amosar que estes son a razón de ser do Consello. Búscase tamén a confianza dos produtores mediante a toma de decisións consensuadas que actúen na defensa dos lexítimos intereses de todos.

Á iniciativa de UUAA súmanse as cooperativas e o resto de agrupacións agrarias.





Volver

















































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
Nota legal - privacidade - cookies   
diseño web